Nacemento:
Morte:
Transportista e político, 40 anos. Casado con Encarnación González Reino; tiveron sete fillos. Veciños de Boiro. Irmán de Consuelo Outeiral Outeiral e cuñado de Juan Somoza Rebollido, Juanito o Chono, que fora alcalde na II República polo PSOE, exiliado.
Militante socialista, en 1935 presidiu a Agrupación Local do PSOE. Concelleiro de Boiro logo do triunfo da Fronte Popular (FP) nas eleccións de febreiro de 1936; desenvolvía este cargo cando se produce o golpe de Estado.
Tiña como compañeiros na Corporación de Boiro de 1936, entre outras persoas, a: José Martínez Virel, procesado; Rodrigo Álvarez Gantes, asasinado; Antonio Lago Outeiral, encarcerado; José Caballero Rubio, asasinado; Brígida Muñiz Suárez, encarcerada; Manuel Brión Suárez, executado; José-Benito Segade Torrado, encarcerado.
Depurado. Executado.
Destituído polos franquistas o día 21 de agosto de 1936 com o concelleiro. Detivérono meses despois.
Xulgado en consello de guerra en Santiago de Compostela (A Coruña) co resultado de sentenza á pena de morte.
A Juan-Francisco Outeiral Outeiral fusilárono no cemiterio de Boisaca co seu compañeiro da Corporación de Boiro, Rodrigo Álvarez Gantes. Con eles tamén executaron a: José Maceiras Vilasoa, Santiago Miranda Lago, Ramón Lojo Agrelo, Bautista Torrado Rivadulla e Braulio Castro Gallardo.
Morte rexistrada en Santiago de Compostela a causa dunha hemorraxia interna por fusilamento.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.