← Volver atrás

Muñiz Suárez, Brígida

Alcume: Tía Bríxida
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Denigrada. Encarcerada

Nacemento:

Triñáns, San Cristovo de Abanqueiro, Boiro
(A Coruña)
- 01/01/1880 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Labrega, taberneira e política, 56 anos. Tiña catro fillos. Veciños de Triñáns.

Militante da sociedade La Fraternidad de Boiro, da CNT. Pertenceu a Agrupación Socialista (AS) da súa localidade. Logo do triunfo da Fronte Popular (FP) elixírona concelleira da Corporación Municipal de Boiro en marzo de 1936 e na representación de Esquerda Republicana (ER). Desenvolvía este cargo cando se produce o golpe de Estado.

Tiña como compañeiros na Corporación de Boiro de 1936, entre outras persoas, a: José Martínez Virel, procesado; Rodrigo Álvarez Gantes, asasinado; Antonio Lago Outeiral, encarcerado; José Caballero Rubio, asasinado; Juan-Francisco Outeiral Outeiral, executado; Manuel Brión Suárez, executado; José-Benito Segade Torrado, encarcerado.

Denigrada. Encarcerada.

Non marchou ao exilio e sufriu moitas represalias. Paseada por Boiro coa cabeza rapada e as siglas de UHP (Unión de Hermanos Proletarios) pintadas na fronte. Sufriu moitas outras humillacións.

Tamén lle embargaron as vacas e retivérona case que un mes na cadea do concello.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha