← Volver atrás

Martínez Virel, José

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Depurado. Fuxido. Encarcerado

Nacemento:

Badaxoz
- 14/03/1902 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Mestre e político, 34 anos. Casou en La Albuera (Badaxoz) en 1931 coa súa curmá Elena Virel Manzano (Badaxoz). Veciños de Boiro (A Coruña). Fillo dun profesor estremeño. En 1933 destinárono como mestre nacional a Escarabote, Santiago de Lampón, Boiro.

Militante de Esquerda Republicana (ER), elixírono concelleiro en Boiro despois do triunfo da Fronte Popular (FP) en febreiro de 1936 e nomeárono 1º tenente de alcalde. Era alcalde en funcións cando a sublevación.

Tiña como compañeiros na Corporación de Boiro de 1936, entre outras persoas, a: Rodrigo Álvarez Gantes, asasinado; Antonio Lago Outeiral, encarcerado; José Caballero Rubio, asasinado; Brígida Muñiz Suárez, encarcerada; Juan-Francisco Outeiral Outeiral, executado; Manuel Brión Suárez, executado; José-Benito Segade Torrado, encarcerado.

Depurado. Fuxido. Encarcerado.

Responsable do Comité de Defensa da República en Boiro. Os das esquerdas, diante da presenza dos rebeldes, voaron a ponte de Beluso o día 26/07/1936. A Garda Civil marchara e concentrárana en Santiago de Compostela (A Coruña), ao igual que a da Pobra do Caramiñal e a de Ribeira, polo que se crearon partidas armadas para o mantemento da orde pública, a requisa de armas, o control de estradas...

Despois do golpe de Estado de xullo de 1936 destituírono na alcaldía o día 21 de agosto.

Abríronlle un expediente de depuración como mestre.

Foi un dos organizadores e dos fuxidos na evasión da lancha a motor San José nº 2, desde Cabo de Cruz, Boiro, ao porto de Leixões, Matosinhos (Portugal) o día 27/07/1936. Os 19 fuxidos desembarcaron no porto de Leixões, prendéronos e recluíronos no Forte de São Bruno de Caxías, Oeiras (Portugal).

Nesta operación fuxiron os seguintes veciños de Boiro (A Coruña): Cipriano-Juan-Emilio Blanco Fuciños, funcionario municipal; Marcial de Diego Andreu, funcionario municipal; Antonio Ferreirós Martínez, mariñeiro; Antonio Lago Outeiral, carpinteiro; José Martínez Virel, mestre; José-Manuel Muñiz Santiago, mariñeiro; Manuel Ojea Torrecilla, mecánico; Juan-Antonio Somoza Outeiral, ferreiro; Ramón Somoza Rebollido, ferreiro; Victoriano Somoza Rebollido, ferreiro, e José Viturro Ozores, mariñeiro.

Tamén escaparon os veciños da Pobra do Caramiñal (A Coruña): Antonio Domínguez Fontán, funcionario municipal; Carlos-Segundo Iglesias Rodríguez, mecánico; Pastor Núñez Cariño, funcionario municipal; Antonio Pérez Gómez, mecánico, e Manuel-Venerando Porteiro Viña, funcionario municipal.

De Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) fuxiron: Pedro Díaz Abalo, comerciante; José-Manuel-Bernardino Rodríguez Alarcón, médico, e Elpidio Villaverde Rey, industrial, deputado nacional por ER.

Liberado en agosto de Caxías, embarcou para Francia e pasou a territorio leal.

Xulgado en consello de guerra en Ferrol (A Coruña) co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

Prendérono os fascistas.

Xulgado en consello de guerra en Santiago de Compostela (A Coruña) polo delito de rebelión o día 20/09/1940 (acusado de ser tenente de alcalde, en funcións de alcalde de Boiro) co resultado de sentenza a prisión.

Interno na Prisión Provincial da Coruña, publicaron a súa liberdade condicional no BOE nº 167 do día 16/06/1941.

Deixárono en liberdade provisoria o día 31/05/1941 por orde do Ministerio de Xustiza.

No ano 1960 consegue que o seu expediente de depuración no Maxisterio se reducira ao traslado fóra da provincia por tres anos.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.