Nacemento:
Morte:
Labrego e político, 50 anos. Solteiro. Veciño de Cabo de Cruz. Emigrou a América e, ao seu regreso, abriu en Cabo de Cruz o ultramarinos e casa de comidas O Paxaro Pinto.
Pertencía á Agrupación Socialista (AS) e a UXT de Boiro. Secretario da Sociedade Labrega e de Oficios Varios de Cabo de Cruz. Concelleiro en Boiro logo do triunfo da Fronte Popular (FP) en febreiro de 1936.
Tiña como compañeiros de corporación, entre outras persoas, a: José Martínez Virel, procesado; Rodrigo Álvarez Gantes, asasinado; Antonio Lago Outeiral, encarcerado; José Caballero Rubio, asasinado; Brígida Muñiz Suárez, encarcerada; Juan-Francisco Outeiral Outeiral, executado; José-Benito Segade Torrado, encarcerado.
Depurado. Fuxido. Paseado. Sancionado.
Co golpe de Estado destituírono do seu cargo o día 21 de agosto e escapou para o monte.
Asasinárono o garda civil Abel Martínez Prado, o falanxista Eladio Varela Alcalde e outros seis máis, cando o atoparon agochado nun piñeiral de Ribadofonte e coa xustificación de que non se detivera cando lle deran o alto. Manuel Brión non ía armado e aplicáronlle a Lei de Fugas.
Rexistrado como morto por hemorraxia interna a causa de ferida de arma de fogo.
Perseguido por ser “un peligroso comunista”.
Tamén sufriu o embargo dos seus bens.
Aos asasinos sometéronos a un proceso xudicial e a causa 1293/36 por estes feitos rematou sobresida.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.