← Volver atrás

Álvarez Gantes, Rodrigo

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Depurado. Executado

Nacemento:

Ponteceso
(A Coruña)
- 27/05/1904 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Santiago de Compostela
(A Coruña)
- 23/02/1937 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mestre e político, 32 anos. Solteiro. Veciño de Escarabote, Boiro (A Coruña). Era fillo dun garda civil e estudou Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela. Irmán de Clarisa Álvarez Gantes, depurada, e de Enrique Álvarez Gantes, tamén depurado. No ano 1934 era mestre en San Pedro de Meixide, Palas de Rei (Lugo). Mestre na Confraría de pescadores de Escarabote en 1936.

Militante do Partido Obreiro de Unificación Marxista (POUM) e, logo, de Esquerda Republicana (ER), desempeñou o cargo de concelleiro en Boiro pola Fronte Popular (FP).

Tiña como compañeiros de corporación, entre outras persoas, a: José Martínez Virel, procesado; Antonio Lago Outeiral, encarcerado; José Caballero Rubio, asasinado; Brígida Muñiz Suárez, encarcerada; Juan-Francisco Outeiral Outeiral, executado; Manuel Brión Suárez, executado; José-Benito Segade Torrado, encarcerado.

Depurado. Executado.

O 21 de agosto de 1936 destituírono dos seus cargos por orde do delegado de Instrución Pública e, con posterioridade, detivérono e ingresárono no cárcere de Santiago de Compostela por estar relacionado con elementos marxistas e de esquerdas e pertencer a ER.

Xulgado en consello de guerra en Santiago de Compostela co resultado de sentenza á pena de morte.

Fusilárono os fascistas o 23 de febreiro de 1937 co seu compañeiro Juan-Francisco Outeiral Outeiral e outras persoas.

Morte rexistrada a causa dunha hemorraxia interna.

O seu cadáver apareceu en Santiago de Compostela.

A súa familia sufriu outras penalidades: a máis de ver morrer a Rodrigo, ao seu irmán Enrique, mestre en Carballo (A Coruña), destituírono o 17 de agosto de 1938 e á súa irmá Clarisa, mestra en Landeira, Negreira (A Coruña), suspendérona de emprego e soldo por seis meses.

Separado definitivamente do servizo como mestre o día 31/01/1940.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha