← Volver atrás

Villaverde Rey, Elpidio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Exiliado. Sancionado

Nacemento:

Vilagarcía de Arousa
(Pontevedra)
- 05/11/1887 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Bos Aires
(República Arxentina)
- 17/11/1962 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Industrial e político, 48 anos. Casado no mes de outubro de 1916 con Rosina Otero Torres. Veciños de Vilagarcía de Arousa. Eran dez irmáns. Irmán de Jesús Villaverde Rey, encarcerado. Marchou para a República Arxentina no ano 1904 e regresou a Galicia en 1906. Nomeado presidente da Cámara de Comercio de Pontevedra do día 24/11/1922 ata o día 17/10/1930.

Pertenceu ás Irmandades da Fala.

Participou o día 25/09/1930 no Pacto de Barrantes, que tivo lugar neste pazo de Ribadumia (Pontevedra) entre varias figuras do galeguismo e que propiciara o centrista Manuel Portela Valladares para combater as posicións gañadas por Santiago Casares Quiroga no Pacto de Lestrobe dentro do republicanismo galego. Ambos pactos preludiaban o triunfo da República en Galicia. En Barrantes defendeuse a autonomía, o anticaciquismo, a cooficialidade do idioma e o poder gobernamental desenvolvido polo pobo.

Entre os asistentes e asinantes deste pacto estiveron o centrista Manuel Portela Valladares, os galeguistas: Alfonso-Daniel-Manuel Rodríguez Castelao, Ramón Otero Pedrayo, Ramón Cabanillas Enríquez, Luis Peña Novo, Enrique Peinador Lines, Florentino López Alonso-Cuevillas e Álvaro-María de las Casas Blanco. Tamén estaban os lerrouxistas: Ramón Salgado Pérez, Raimundo Vidal Pazos e Victoriano García Martí. Os agraristas: Isidoro Millán Mariño e Basilio Álvarez Rodríguez. Os correspondentes de El Pueblo Gallego: Jesús Bal y Gay, Ramón Fernández Mato. Tamén acudiron: Laureano Gómez Paratcha, o liberal Armando Cotarelo Valledor, Valentín Paz Andrade, Elpidio Villaverde Rey, Avelino López Otero e José-María Díaz Díaz-Villamil.

Alcalde de Vilagarcía de Arousa pola Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA) desde 1931 ata agosto de 1934. Deputado a Cortes en 1936 por Pontevedra nas listas da Fronte Popular (FP) como militante de Esquerda Republicana (ER). Tamén formou parte da comisión a prol do Estatuto de Autonomía de Galicia (EAG).

Fuxido. Exiliado. Sancionado.

Participou na formación do Comité de Defensa da República da FP en Vilagarcía de Arousa, co tenente de navío José Fernández Vázquez, comandante Sotomayor. Detiveron a unhas 20 persoas das dereitas sen danos, armaron aos milicianos, requisáronse coches e fortaleceron as defensas do pobo, en colaboración con Cambados, O Grove e outras vilas da ría. Resistiron aos rebeldes ata o día 24 de xullo.

A raíz do triunfo dos militares sublevados sae de Galicia o día 27/07/1936.

Foxe na evasión da lancha a motor San José nº 2, desde Cabo de Cruz, Boiro (A Coruña), ao porto de Leixões, Matosinhos (Portugal) o día 27/07/1936, fuga que organizara o alcalde en funcións de Boiro, José Martínez Virel. Os 19 fuxidos desembarcaron no porto de Leixões, prendéronos e recluíronos no Forte de São Bruno de Caxías, Oeiras (Portugal).

Nesta operación fuxiron os seguintes veciños de Boiro (A Coruña): Cipriano-Juan-Emilio Blanco Fuciños, funcionario municipal; Marcial de Diego Andreu, funcionario municipal; Antonio Ferreirós Martínez, mariñeiro; Antonio Lago Outeiral, carpinteiro; José Martínez Virel, mestre; José-Manuel Muñiz Santiago, mariñeiro; Manuel Ojea Torrecilla, mecánico; Juan-Antonio Somoza Outeiral, ferreiro; Ramón Somoza Rebollido, ferreiro; Victoriano Somoza Rebollido, ferreiro, e José Viturro Ozores, mariñeiro.

Tamén escaparon os veciños da Pobra do Caramiñal (A Coruña): Antonio Domínguez Fontán, funcionario municipal; Carlos-Segundo Iglesias Rodríguez, mecánico; Pastor Núñez Cariño, funcionario municipal; Antonio Pérez Gómez, mecánico, e Manuel-Venerando Porteiro Viña, funcionario municipal.

De Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) fuxiron: Pedro Díaz Abalo, comerciante; José-Manuel-Bernardino Rodríguez Alarcón, médico, e Elpidio Villaverde Rey, industrial, deputado nacional por ER.

Xulgado en consello de guerra en Ferrol (A Coruña) polo delito de adhesión á rebelión co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

Pasou a Francia nun barco inglés e de alí a Madrid para unirse ao bando republicano, incorporándose ao 4º Batallón de Milicias Populares Galegas, logo integrado na 1ª Brigada, 11ª División do V Corpo de Exército do Exército do Centro, V Rexemento de Aceiro.

Ao remate da guerra civil exiliase en Francia e logo pasa a Bos Aires coa súa familia no Massilia, onde rexenta o restaurante La Casa de la Troya.

Sancionado cunha multa de dez millóns de pesetas.

Xa exiliado na República Arxentina, acompañou a Alfonso-Daniel-Manuel Rodríguez Castelao a Montevideo (Uruguai) para fundar, o día 15/11/1944, o Consello de Galicia, con Ramón Suárez Picallo e Antonio-Hipólito Alonso Ríos.

Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1966.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.