← Volver atrás

Villaverde Rey, Jesús

Alcume: Achiño
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Vilagarcía de Arousa
(Pontevedra)
- 30/10/1897 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Vilagarcía de Arousa
- 25/12/1984 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Industrial, 38 anos. Casado con María del Pilar Cameron-Walker Bolado; tiveron dúas fillas e un fillo: María del Pilar, Jesús-María e María del Carmen. Veciños de Vilagarcía de Arousa. Irmán de Elpidio Villaverde Rey, exiliado.

Dirixente do Partido Galeguista (PG) na súa cidade. Concelleiro de Vilagarcía de Arousa de 1931 a 1934; destituído en agosto de 1934. Reposto en xaneiro de 1936, elixírono 1º tenente de alcalde logo do triunfo da Fronte Popular (FP).

Encarcerado.

Detivérono no mes de agosto de 1936 e conducírono á Prisión Provincial de Pontevedra o día 22/10/1936.

Xulgado en consello de guerra en Pontevedra o día 21/11/1936 polo delito de rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Nese consello de guerra xulgaron a: Valentín Briones Rey, industrial; Román Mondragón Cores, industrial; Ángel Navia Cores, comerciante; José Otero Lago, canteiro; Manuel Oubiña López, carpinteiro; Luis Pando Rivero, funcionario; Román Torrado Torrado, oficinista, e Jesús Villaverde Rey, Achiño, industrial.

Ingresado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).

Trasladado ao penal do Forte de San Cristóbal, Pamplona (Navarra), onde ingresa o 22/03/1937.

Trasladado de novo á Illa de San Simón o día 01/02/1939.

Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas de Pontevedra.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha