← Volver atrás

Briones Rey, Valentín

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Vilagarcía de Arousa
(Pontevedra)
- 04/10/1889 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Industrial e político, 46 anos. No ano 1928 casou con Carmen Gómez; tiveron cinco fillos. Veciños de Vilagarcía de Arousa. Rexente da fonda La Argentina e despois propietario do balneario La Concha de Arousa e da fábrica de serrar madeiras La Caneda, con delegacións en Bilbao (Biscaia) e Madrid.

En 1917/1918 participa na creación de Xuventude para a Defensa de Vilagarcía, reformistas. No ano 1922 era concelleiro na súa localidade de residencia e presidente en 1924 da sociedade Recreo Liceo.

Na II República foi concelleiro e 2º tenente de alcalde; destituído en agosto de 1934 e reposto o día 08/01/1936. Xa adscrito a Esquerda Republicana (ER), despois da renuncia de Elpidio Villaverde Rey, elixírono alcalde de Vilagarcía de Arousa o día 19/01/1936 e permaneceu no cargo ata o día 22/07/1936, data na que o cesaron os golpistas.

Como alcalde fixo intensa campaña a favor do Estatuto de Autonomía de Galicia (EAG).

Encarcerado.

Despois do golpe de Estado detéñeno o día 10/08/1936 e ingresárono no cárcere de Pontevedra o día 22/10/1936.

Xulgado en consello de guerra en Pontevedra o día 21/11/1936 polo delito de rebelión militar, na causa 835/36, co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Nese consello de guerra xulgaron a: Valentín Briones Rey, industrial; Román Mondragón Cores, industrial; Ángel Navia Cores, comerciante; José Otero Lago, canteiro; Manuel Oubiña López, carpinteiro; Luis Pando Rivero, funcionario; Román Torrado Torrado, oficinista, e Jesús Villaverde Rey, Achiño, industrial.

Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas de Pontevedra.

Ingresado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).

Trasladárono ao penal do Forte de San Cristóbal, Pamplona (Navarra), onde ingresa o 08/02/1937.

Volveu ao presidio da Illa de San Simón o 01/02/1939.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha