← Volver atrás

Suárez Picallo, Ramón

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado por alentar a folga xeral revolucionaria de outubro de 1934 no Principado de Asturias

Nacemento:

Beloi, Santa María de Sada, Sada
(A Coruña)
- 04/11/1894 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Bos Aires
(República Arxentina)
- 14/10/1964 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Xornalista e político, 42 anos. Solteiro. Era o maior de once irmáns. Labrego e mariñeiro de neno. Irmán de Juan-Antonio Suárez Picallo, paseado. Aos 15 anos emigrou á República Arxentina, país ao que chegou en marzo de 1912, onde desenvolveu actividades políticas, sindicais e xornalísticas; pasou tamén polo Uruguai e Brasil. Volve a España ao proclamarse a II República, no 1931. Con case 40 anos estudou bacharelato e licenciouse en Dereito no ano 1935 pola Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Coa proclamación da II República a Federación de Sociedades Agrarias e Culturais, creada en Bos Aires, participou na creación en 1930, desde a cidade arxentina, da Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA); decidiron que Antonio-Hipólito Alonso Ríos, Pedro Campos Couceiro e Ramón Suárez Picallo representaran á esta federación en Galicia. Deputado nas Cortes Constituíntes de 1931 pola ORGA.

Socio do Casino Republicano coruñés.

En decembro do ano 1931 participou na fundación do Partido Galeguista (PG) en Sada, do que sería referente, xunto con Alfonso-Daniel-Manuel Rodríguez Castelao. Nas eleccións de 1933 non acada acta de deputado e aproveita para estudar Dereito na USC; no ano 1935 xa exerce como avogado.

Encarcerado por alentar a folga xeral revolucionaria de outubro de 1934 no Principado de Asturias.

Entre outros traballos dentro do xornalismo, foi director de A Nosa Terra e Ser, vicedirector de Claridad e colaborador de Vanguardia Gallega e de El Pueblo Gallego. No decurso da guerra, desde Barcelona, colaborou tamén con Nova Galicia.

Deputado nacional pola Coruña en 1936 polo PG. Participou en máis de 170 mitins en apoio da defensa do Estatuto de Autonomía de Galicia (EAG) e formou parte da comisión que acudiu a Madrid a presentalo nas Cortes.

Exiliado.

A comezos da guerra civil está en Madrid coa comisión galega que presentaba o EAG. Participou na creación das Milicias Galegas.

En Barcelona codirixe a revista Nova Galicia. Ao remate da guerra marchou a Francia e exíliase en Nova York, onde chega no Queen Mary; en 1939 estaba xa na República Dominicana, en Chile (quince anos) e, por último, na República Arxentina (xa nos anos sesenta), onde se adicou ao xornalismo e a cátedra de Cultura Galega do Centro Lucense de Bos Aires.

A súa fuxida supuxo represalias para a súa familia e amigos.

Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1941.

Na República Dominicana colabora con La Nación e en Chile con La Opinión, La Hora, El Mercurio e El Sur.

Participou en Montevideo (Uruguai) no Consello de Galicia, con Alfonso-Daniel-Manuel Rodríguez Castealo, Elpidio Villaverde Rey e Antonio-Hipólito Alonso Ríos.

Faleceu no sanatorio do Centro Galego de Bos Aires e soterrárono no cemitrio da Chacarita da dita cidade porteña.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.