← Volver atrás

Alonso Ríos, Antonio-Hipólito

Alcume: Afranio de Amaral, Siñor Afranio
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Exiliado

Nacemento:

Camporrapado, Santa María de Cortegada, Silleda
(Pontevedra)
- 15/08/1887 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Bos Aires
(República Arxentina)
- 12/10/1980 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mestre, escritor e político, 48 anos. Casou con Oliva Rodríguez; tiveron dúas fillas e dous fillos: Oliva, Chamor, Ombú e Celta. Fillo dun caldeireiro, tivo 11 irmáns. Curmán de Emilio-Deogracias Alonso Paz, executado. Antonio estudou Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela (A Coruña), rematando en 1906, especializouse en matemáticas. En 1908 emigrou á República Arxentina, con algún dos seus irmáns, onde exerceu de mestre.

En 1921 participou na creación da Federación de Sociedades Galegas Labregas e Culturais, que pouco a pouco xirou cara o galeguismo e do que era partidario Alonso Ríos. Coa proclamación da II República esta federación participou na creación da Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA) en Bos Aires; decidiron que Alonso Ríos e Ramón Suárez Picallo representaran á federación en Galicia.

No ano 1931 volveu a Galicia.

En xuño de 1931 elixírono por unanimidade presidente da Asemblea Republicana da Coruña para o estudo do anteproxecto do Estatuto de Autonomía de Galicia (EAG), mantendo enfrontamentos polas súas ideas autonomistas con Santiago Casares Quiroga.

Mestre en Tomiño (Pontevedra), participou na organización do movemento agrarista en Pontevedra e, en 1936, formando xa na candidatura da Fronte Popular (FP), elixírono deputado por Pontevedra pola Federación Provincial Agraria e someteuse á disciplina do Partido Galeguista (PG).

Fuxido. Exiliado.

O día 18/07/1936 participou na constitución do Comité de Defensa da República de Tomiño e concentrouse con gardas de asalto en Tui para facer fronte aos rebeldes. Acompañou a Francisco Rodríguez Otero a Tui e á Garda, na calidade de enlaces entre os diferentes comités de defensa da República no baixo Miño.

Xulgado en dous procesos militares co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

Despois do triunfo dos sublevados fuxiu e agochouse co alcalde de Tui, Guillermo Vicente Santiago, nunha casa de Torroña, San Pedro de Burgueira, Oia (Pontevedra) ata o 19 de agosto. Ao decatarse de que os falanxistas puxeran prezo á súa cabeza (50.000 pesetas) decidiron separase e marchar de Torroña. Alonso Ríos decide mudar a súa identidade e inventarse unha nova vida baixo o nome de Afranio do Amaral, o Siñor Afranio, súbdito portugués; un mendigo que vivía da esmola e de traballar de criado nalgunhas explotacións.

En agosto de 1938 logra pasar a Porto e Lisboa, onde embarca no Lipari, para chegar a Bos Aires en xuño de 1939, despois de tres anos camuflado.

Na República Arxentina participa no galeguismo do exilio con Alfonso-Daniel-Manuel Rodríguez Castealo, Elpidio Villaverde Rey e Ramón Suárez Picallo, cos que funda en Montevideo (Uruguai), en 1944, o Consello de Galicia, do que sería secretario e, máis tarde, presidente en 1951 despois da morte de Castelao.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.