← Volver atrás

Vicente Santiago, Guillermo

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido

Nacemento:

Brasil
- 01/01/1896 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Pintán, San Lourenzo de Salcidos, A Guarda
(Pontevedra)
- 10/01/1940 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Industrial, xornalista e político, 40 anos. Casou en 1924 con María Álvarez Fernández. Empregado do Banco Nacional de Arxentina; na Guarda traballou na Banca Familiar Nandín; despois, trasladouse a Tui.

Propietario e director da editorial que publicaba La Integridad, tamén Tierra (1932) e despois Tribuna (1933-1936), que logo sería incautada polos falanxistas o día 27/07/1936. Tamén colaborou con Heraldo Guardés e Nuevo Heraldo.

Militou en Acción Republicana (AR) e logo en Esquerda Republicana (ER), da que foi presidente do grupo de Tui. Elixírono alcalde de Tui o día 16/07/1936, permanecendo no cargo ata o 27/07/1936.

Fuxido.

Ao producirse o golpe rebelde presidiu o Comité de Defensa da República. Cando decaeu a resistencia contra os sublevados botouse ao monte con Antonio-Hipólito Alonso Ríos, acubillándose en Torroña, San Pedro de Burgueira, Oia (Pontevedra) ata mediados de agosto de 1936.

Xulgado en dúas ocasións en Vigo (Pontevedra) polo delito de rebelión militar co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

Diante do perigo de ser descubertos e sabedores de que andaban na súa procura, Guillermo, con problemas pulmonares, non puido seguir no monte; separáronse e el agochouse no domicilio familiar de Pintán, onde permaneceu nun zulo na adega en tan malas condicións, que a súa enfermidade agravouse e faleceu por mor dunha tuberculose.

Durante a súa enfermidade atendeuno o médico Darío Álvarez Blázquez, logo detido.

Abríronlle un expediente por responsabilidades políticas, o día 30/06/1941, e condenárono a 15 anos de inhabilitación, a dez anos de estrañamento e á perda dos bens que lle embargaran.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha