← Volver atrás

Álvarez Blázquez, Darío

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Tui
(Pontevedra)
- 30/09/1910 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Vigo
(Pontevedra)
- 07/06/1979 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Médico, xornalista e escritor, 25 anos. Casou con Carmen Gándara Fernández; tiveron dous fillos: Darío e Alfonso. Veciños de Vigo. Fillo de Darío Álvarez Limeses, executado, e irmán de José-María Álvarez Blázquez, depurado. Licenciouse en Medicina no ano 1932 pola Universidade de Santiago de Compostela (USC); especializouse en pulmón e corazón no Hospital de San Carlos de Madrid. Exerceu a medicina en Tui e en Vigo, onde tamén exerceu de profesor auxiliar de Ciencias Naturais no Instituto.

Fundador do Partido Galeguista (PG) en Tui no ano 1932 e do que desenvolveu a presidencia.

Colaborou en varios xornais e revistas: Galicia Emigrante, El Pueblo Gallego, La Noche, Faro de Vigo, La Voz de Galicia...

Encarcerado.

Despois de producirse o golpe de Estado arrestárono en Tui nos primeiros días.

Co engano dun suposto embarazo salvou a vida de Josefa García Segret cando a condenaran á pena de morte. Como médico de prisións salvou a outros moitos presos.

No ano 1942 era médico de Pescanova en Vigo.

No ano 1947 volven a prendelo, esta vez en Vigo, baixo a acusación de pertencer á Unión de Intelectuais Libres (UIL).

Académico da Real Academia Galega (RAG) e da Academia de Medicina de Sevilla.

Faleceu na súa clínica da rúa Marqués de Valadares, en Vigo, mentres agardaba polo primeiro paciente da tarde.

Soterrárono no cemiterio de Pereiró, en Vigo.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha