← Volver atrás

Álvarez Blázquez, José-María

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Depurado. Sancionado

Nacemento:

Tui
(Pontevedra)
- 04/02/1915 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Vigo
(Pontevedra)
- 02/03/1985 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mestre e escritor, 21 anos. Casou en 1946 con María-Luisa Cáccamo Frieben; tiveron tres fillas e tres fillos: María-Luisa, Xosé-María, Alfonso, Helena, Celso e Berta. Veciños de Tui. Fillo de Darío Álvarez Limeses, executado, e irmán de Darío Álvarez Blázquez, encarcerado. En 1931 trasladouse a Pontevedra para estudar Maxisterio na Escola Normal desta cidade. No curso 1934/35 desenvolveu o maxisterio na Graduada de Tui, o 20/09/1935 tomou posesión como mestre provisional na Escola de Nenos nº 2 da Guarda (Pontevedra) e o 06/02/1936 da unitaria de nenos do barrio das Olivas, en Tui.

Pola intervención de Alejandro Bóveda Iglesias, en 1933 ingresou nas Mocidades Galeguistas do Partido Galeguista (PG); Alejandro rematou casando cunha curmán de José-María, e entre eles acadouse unha grande amizade.

Publicou artigos en revistas (Revista Artística Ilustrada de Galicia, Tude...) e xornais (El Pueblo Gallego, Faro de Vigo...).

Depurado. Sancionado.

Sometido a expediente de depuración en setembro de 1936 co resultado de suspensión de emprego e soldo, do que logo rematou sobresido no mes de novembro por mor dos informes favorables que sobre el se emitiron.

Acusado de estar afiliado as Xuventudes Galeguistas, de facer propaganda a favor do estatuto e de actuar como apoderado da Fronte Popular (FP), sancionárono en 1937 con outra suspensión de emprego e soldo por seis meses, traslado de xeito forzoso fóra da rexión (enviárono a Coreses, Zamora, en xullo de 1938, cando o mobilizaran) e inhabilitación para o exercicio de cargos directivos e de confianza. En xaneiro de 1942 anuláronlle a sanción de desterro e solicitou a excedencia voluntaria por enfermidade.

En 1945 comeza o seu traballo como secretario da Confraría de Pescadores San Francisco, en Vigo.

No ano 1949 era membro correspondente da Real Academia Galega (RAG), e membro numerario no 1962.

No ano 1964 fundou Edicións Castrelos.

Cronista oficial de Vigo en 1976.

No ano 1968 reincorporouse ao ensino público na Escola de Formación Profesional Náutico-Pesqueira de Vigo, onde se xubila en 1983.

Pedrón de Ouro no ano 1981.

Homenaxeado coas Letras Galegas no ano 2008.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.