← Volver atrás

Álvarez Limeses, Darío

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Pontevedra
(Pontevedra)
- 10/11/1877 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Tui
(Pontevedra)
- 30/10/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Médico e xornalista, 58 anos. Casou o día 15/06/1907 con María Blázquez Ballester; tiveron seis fillos varóns: Darío, Celso, José-María, Alfonso, Emilio e Álvaro. Pai de Darío Álvarez Blázquez, detido, e de José-María Álvarez Blázquez, depurado. Veciños de Tui. Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) en xuño do ano 1900. Médico de Asistencia Pública Domiciliaria (APD) en Tui desde 1905. Tamén exerceu a medicina en outras entidades e institucións.

Fundou e dirixiu o semanario La Opinión e colaborou en varios xornais: La Integridad, El Vencejo, La Correspondencia Gallega e El Pueblo Gallego.

Durante a II República simpatizou con Esquerda Republicana (ER) de Manuel Azaña Díaz.

Executado.

Cando se produce o golpe de Estado participou na resistencia en Tui fronte aos sublevados.

Xulgado en consello de guerra en Vigo (Pontevedra), o día 13/10/1936, polo delito de rebelión militar co resultado de sentenza á pena de morte.

Enxuizado coas persoas que logo serán asasinadas con el, baixo a acusación de “adhesión entusiasta y voluntaria a la rebelión militar y comunista del Frente Popular”.

Ese día fusilaron ás 07:00 h na Alameda de Tui a: Darío Álvarez Limeses, médico; Alejo Diz Jurado, médico; Manuel Domínguez León, empregado; José Felipe Muñoz, funcionario; Serafín Fernández Costas, industrial, e Julio Fernández Fernández, contratista (fillo de Serafín Fernández).

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha