Nacemento:
Morte:
Médico e político, 50 anos. Casou o día 08/12/1915 con Concepción Rodríguez Caballero; tiveron catro fillos e unha filla: Ignacio, Emilio, Concepción, Alejo e Avelino; outro fillo faleceu en 1919 de recentemente nado. Veciños da rúa Corredeira, 8, en Tui. Fillo de comerciantes. Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela (USC) e rematou en 1907. Era coñecido como o médico dos pobres en Tui, médico de cabeceira. En 1927 era inspector municipal de sanidade. Foi unha figura senlleira na implantación dos seguros sanitarios.
Alcalde de Tui entre 1918 e 1922. Primeiro alcalde da II República na súa localidade en abril de 1931. Militante de Esquerda Republicana (ER).
Fundou e dirixiu o efémero semanario satírico-político La Tetera. Tamén publicou traballos en La Raza, de Pontevedra.
Executado.
Detido polos franquistas cando se produce o golpe de Estado.
Xulgado en consello de guerra en Vigo (Pontevedra), o día 13/10/1936, polo delito de rebelión militar co resultado de sentenza á pena de morte.
No mesmo día fusilaron ás 07:00 h na Alameda de Tui a: Darío Álvarez Limeses, médico; Alejo Diz Jurado, médico; Manuel Domínguez León, empregado; José Felipe Muñoz, funcionario; Serafín Fernández Costas, industrial, e Julio Fernández Fernández, contratista e fillo de Serafín Fernández Costas.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.