← Volver atrás

García Segret, Josefa

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Depurada. Encarcerada

Nacemento:

Tui
(Pontevedra)
- 01/01/1900 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Oleiros
(A Coruña)
- 02/09/1986 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mestra, 36 anos. Casou con Hipólito Gallego Camarero, tamén mestre e paseado. Veciños de San Pedro de Forcadela, Tomiño (Pontevedra).

Militante de Esquerda Republicana (ER) e da Federación de Traballadores da Ensinanza da UXT (FETE-UXT) de Pontevedra.

Depurada. Encarcerada.

Despois do golpe militar prendérona os franquistas o día 15/08/1936 e depurárona como mestra.

Xulgada en consello de guerra en Vigo (Pontevedra) polo delito de rebelión militar, o día 07/01/1937, co resultado de sentenza á pena de morte.

Pena de morte conmutada na comisión de exame de penas de Pontevedra pola de cadea perpetua por estar en estado e, en marzo de 1944, pola de seis anos e un día de prisión menor.

Cando se atopaba na cadea en Tui, salvouse da pena de morte grazas ao médico forense José Abraldes e ao xinecólogo Darío Álvarez Blázquez, que simularon un embarazo e logo un aborto.

Interna na prisión de Saturrarán, Mutriku (Guipúscoa) de febreiro de 1938 a xaneiro de 1941, en Palma de Mallorca de xaneiro de 1941 ata o día 08/08/1943, data na que volve a Saturrarán, de onde sae en liberdade o día 22/03/1944.

Despois de saír da cadea traballou no grupo de empresas de Regojo, desenvolvendo a súa vida entre Zamora, Redondela e Vigo.

No ano 1982 publicou o libro Abajo las dictaduras sobre a súa estadía na cadea.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha