Nacemento:
Morte:
Industrial e político, 58 anos. Casado. Veciño de Siador. Pai de Luis Alonso García, procesado, e curmán de Antonio-Hipólito Alonso Ríos.
Na II República elixírono alcalde de Silleda de 1932 a 1934, ano no que dimitiu e sucedeuno Segundo Arceo Díaz, logo encarcerado. Militante de Esquerda Republicana (ER). Despois das eleccións de 1936 recuperou a alcaldía.
Fuxido. Encarcerado. Executado.
Despois do golpe dos militares rebeldes constitúese o Comité de Defensa da República no que se integran, entre outras persoas: Emilio-Deogracias Alonso Paz, industrial; Antonio Costoya Ares, carpinteiro; Daniel Sánchez Mallo, barbeiro, e Antonio Valladares González, axente comercial. Moitos obreiros súmanse á resistencia fronte aos golpistas e o día 20 de xullo incáutanse armas e unha columna de milicianos sae cara Pontevedra; tiveron que regresar e detívoos a Garda Civil.
O alcalde foxe a Portugal o día 21/08/1936; alí delatárono, prendérono e entregárono ás autoridades franquistas na fronteira de Tui (Pontevedra).
Xulgado en consello de guerra en Pontevedra polo delito de rebelión militar co resultado de sentenza á pena de morte.
Ingresado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).
Fusilado ás 18:30 h no quilómetro 1 da Avenida de Uruguai, en Monte Porreiro.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.