← Volver atrás

Valladares González, Antonio

Alcume: Antucho
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Morte na cadea

Nacemento:

San Tirso de Manduas, Silleda
(Pontevedra)
- 26/07/1918 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Forte de San Cristóbal, Pamplona
(Navarra)
- 23/05/1938 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Axente comercial, 17 anos. Solteiro. Veciño da rúa Pérez Galdós, 42, en Vigo (Pontevedra).

Militante do PSOE e da UXT.

Encarcerado. Morte na cadea.

Despois do golpe dos militares rebeldes constitúese o Comité de Defensa da República, no que se integran, entre outras persoas: Emilio-Deogracias Alonso Paz, industrial; Antonio Costoya Ares, carpinteiro; Daniel Sánchez Mallo, barbeiro, e Antonio Valladares González, axente comercial. Moitos obreiros súmanse á resistencia fronte aos golpistas e o día 20 de xullo incáutanse armas e unha columna de milicianos sae cara Pontevedra; tiveron que regresar e prendeunos a Garda Civil.

Xulgado en consello de guerra en Pontevedra polo delito de rebelión militar, na causa 524/36, co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Ingresado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).

Trasladado ao penal do Forte de San Cristóbal onde ingresa o 16/05/1937. Foi un dos organizadores do intento de fuga masiva deste penal e un dos que morreu no desenvolvemento dos feitos, entre o 23 e 24 de maio, semella que en Belzunce ou Navaz.

Procesárono en Pontevedra por responsabilidades políticas e indultárono no ano 1959.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha