← Volver atrás

Sánchez Mallo, Daniel

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Silleda
(Pontevedra)
- 01/01/1900 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Barbeiro, 36 anos. Casado; tiñan dúas fillas, unha delas Argimira, e un fillo. Veciños de Silleda. O matrimonio estivo emigrado na Habana (Cuba).

Concelleiro e tenente de alcalde en Silleda.

Encarcerado.

Despois do golpe dos militares rebeldes constitúese o Comité de Defensa da República no que se integran, entre outras persoas: Emilio-Deogracias Alonso Paz, industrial; Antonio Costoya Ares, carpinteiro; Daniel Sánchez Mallo, barbeiro, e Antonio Valladares González, axente comercial. Moitos obreiros súmanse á resistencia fronte aos golpistas e o día 20 de xullo incáutanse armas e unha columna de milicianos sae cara Pontevedra; tiveron que regresar e detívoos a Garda Civil.

Xulgado en consello de guerra en Pontevedra polo delito de rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Internárono en Silleda, na Escola Normal de Pontevedra e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).

Trasladárono ao Penal de San Cristóbal, Pamplona (Navarra), onde o internan o 15/07/1937. Non participou no intento de fuga masiva do día 22/05/1938.

Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas de Pontevedra e concédeselle a prisión atenuada o día 11/08/1940.

Por mor de multas e embargos perderon a pouca facenda que tiñan.

Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1960.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha