← Volver atrás

Paz Andrade, Valentín

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Sancionado

Nacemento:

Pontevedra
- 23/04/1898 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Vigo
(Pontevedra)
- 19/05/1987 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Avogado, xurista, político, empresario, escritor, poeta e xornalista, 38 anos. Casou o día 08/12/1939, en Ourense, con Pilar Rodríguez de Prado (Cuba); tiveron un fillo: Alfonso. Licenciouse en Dereito en 1921 pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e comezou a exercer a avogacía na Audiencia de Pontevedra. Mentres estudaba, uniuse ao galeguismo da man de Alfonso-Daniel-Manuel Rodríguez Castelao. Participou na Guerra de Marrocos en 1921-1922. En 1926 estableceuse como avogado en Vigo.

Director do xornal Galicia de 1922 a 1926.

Participou o día 25/09/1930 no Pacto de Barrantes, que tivo lugar neste pazo de Ribadumia (Pontevedra) entre varias figuras do galeguismo e que propiciara o centrista Manuel Portela Valladares para combater as posicións gañadas por Santiago Casares Quiroga no Pacto de Lestrobe dentro do republicanismo galego. Ambos pactos preludiaban o triunfo da República en Galicia. En Barrantes defendeuse a autonomía, o anticaciquismo, a cooficialidade do idioma e o poder gobernamental desenvolvido polo pobo.

Entre os asistentes e asinantes deste pacto estiveron: o centrista Manuel Portela Valladares, os galeguistas: Alfonso-Daniel-Manuel Rodríguez Castelao, Ramón Otero Pedrayo, Ramón Cabanillas Enríquez, Luis Peña Novo, Enrique Peinador Lines, Florentino López Alonso-Cuevillas e Álvaro-María de las Casas Blanco. Tamén estaban os lerrouxistas: Ramón Salgado Pérez, Raimundo Vidal Pazos e Victoriano García Martí. Os agraristas: Isidoro Millán Mariño e Basilio Álvarez Rodríguez. Os correspondentes de El Pueblo Gallego: Jesús Bal y Gay, Ramón Fernández Mato. Tamén acudiron Laureano Gómez Paratcha, o liberal Armando Cotarelo Valledor, Valentín Paz Andrade, Elpidio Villaverde Rey, Avelino López Otero e José-María Díaz Díaz-Villamil.

Militou no Partido Galeguista (PG), participando na súa fundación en decembro de 1931 e polo que o elixiron concelleiro en Pontevedra. Candidato ás Cortes Constituíntes do ano 1931 con Castealo e Ramón Cabanillas Enríquez; non o elixiron por escasa marxe.

Colaborou co Seminario de Estudos Galegos (SEG), membro da Real Academia Galega (RAG) e colaborador na redacción do anteproxecto do Estatuto de Autonomía de Galicia (EAG). Tamén colaborou con El Pueblo Gallego.

O día 22/12/1932 sufriu un atentado dos anarcosindicalistas, cando actuaba de mediador entre patronal e sindicatos.

Nas eleccións do día 19/11/1933 presentouse, con Castelao, polas listaxes de Esquerda Republicana (ER) e cando a Castelao e a Alejandro Bóveda Iglesias os desterraron en 1934, no Bienio Negro, exerceu a secretaría política do PG, que deixou no ano 1936, ao ser contrario á integración na Fronte Popular (FP). En febreiro de 1936 presentou a súa candidatura polo Partido de Centro Democrático (PCD), que lideraba Manuel Portela Valladares; non obtivo acta.

Sancionado.

Durante a Guerra Civil Española axudou a fuxir a moitos intelectuais galegos e actuou como defensor de moitos outros.

Castigárono no desterro en Verín (onde estivo a piques de que o pasearan os falanxistas), Chandrexa de Queixa, Castro Caldelas e na Pobra de Trives.

A primeiros de 1938 canceláronlle o desterro e volveu a Vigo.

En agosto de 1939 prendérono e desterrárono a Villanueva de la Serena (Badaxoz).

Membro numerario da Real Academia Galega (RAG).

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.