← Volver atrás

Álvarez Rodríguez, Basilio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliado

Nacemento:

Ourense
- 10/08/1877 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Tampa
(Estados Unidos)
- 15/11/1943 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Cura, xornalista, avogado e político, 58 anos. Abade de Beiro. Ordenouse cura no ano 1902; non seguía o celibato e chegou a ter dous fillos. Entre 1914 e 1928 suspendeuno a Igrexa.

Apartado da carreira sacerdotal polo seu anticaciquismo na ditadura de Miguel Primo de Rivera Orbaneja.

Colaborador de varios xornais: La Nueva Época, El Eco, Galicia, El Heraldo Gallego...; autor de varias obras escritas; fundador da revista La Zarpa.

Pertenceu ao grupo de fundadores de Acción Galega (AG), agraristas. Crítico co caciquismo, propuxo a colaboración con socialistas e republicanos en 1915. Era un orador carismático.

Membro da Real Academia Galega (RAG).

Tivo influencia ideolóxica, entre outras persoas, sobre Ramón Cabanillas Enríquez.

Participou o día 25/09/1930 no Pacto de Barrantes, que tivo lugar neste pazo de Ribadumia (Pontevedra) entre varias figuras do galeguismo e que propiciara o centrista Manuel Portela Valladares para combater as posicións gañadas por Santiago Casares Quiroga no Pacto de Lestrobe dentro do republicanismo galego. Ambos pactos preludiaban o triunfo da República en Galicia. En Barrantes defendeuse a autonomía, o anticaciquismo, a cooficialidade do idioma e o poder gobernamental desenvolvido polo pobo.

Entre os asistentes e asinantes deste pacto estiveron: o centrista Manuel Portela Valladares, os galeguistas Alfonso-Daniel-Manuel Rodríguez Castelao, Ramón Otero Pedrayo, Ramón Cabanillas Enríquez, Luis Peña Novo, Enrique Peinador Lines, Florentino López Alonso-Cuevillas e Álvaro-María de las Casas Blanco. Tamén estaban os lerrouxistas Ramón Salgado Pérez, Raimundo Vidal Pazos e Victoriano García Martí; os agraristas Isidoro Millán Mariño e Basilio Álvarez Rodríguez; os correspondentes de El Pueblo Gallego Jesús Bal y Gay, Ramón Fernández Mato. Tamén acudiron Laureano Gómez Paratcha, o liberal Armando Cotarelo Valledor, Valentín Paz Andrade, Elpidio Villaverde Rey, Avelino López Otero e José-María Díaz Díaz-Villamil.

A comezos da década dos trinta integrouse no Partido Agrario (PA) polo que obtivo un escano nas eleccións ás Cortes Constituíntes de 1931 e polo Partido Republicano Radical (PRR) de Alejandro Lerroux García en 1933. En 1935 abandonou aos radicais para militar, no ano 1936, no breve decorrer do Partido de Centro Democrático (PCD) de Manuel Portela Valladares.

Exiliado.

Cando se produce o golpe de Estado dos militares e comeza a guerra civil achábase en Madrid.

Exíliase na República Arxentina, en Cuba e nos Estados Unidos, onde morre nun hospital por esgotamento físico.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.