Nacemento:
Morte:
Médico e político, 51 anos. Veciño de Vilagarcía de Arousa. Licenciado en Medicina pola Universidade Central de Madrid no ano 1905.
Presidente do Centro Republicano de Vilagarcía de Arousa e alcalde desta localidade entre 1922 e 1923. Membro da Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA).
Pertenceu ás Irmandades da Fala.
Participou o día 25/09/1930 no Pacto de Barrantes, que tivo lugar neste pazo de Ribadumia (Pontevedra) entre varias figuras do galeguismo e que propiciara o centrista Manuel Portela Valladares para combater as posicións gañadas por Santiago Casares Quiroga no Pacto de Lestrobe dentro do republicanismo galego. Ambos pactos preludiaban o triunfo da República en Galicia. En Barrantes defendeuse a autonomía, o anticaciquismo, a cooficialidade do idioma e o poder gobernamental desenvolvido polo pobo.
Entre os asistentes e asinantes deste pacto estiveron o centrista Manuel Portela Valladares, os galeguistas: Alfonso-Daniel-Manuel Rodríguez Castelao, Ramón Otero Pedrayo, Ramón Cabanillas Enríquez, Luis Peña Novo, Enrique Peinador Lines, Florentino López Alonso-Cuevillas e Álvaro-María de las Casas Blanco. Tamén estaban os lerrouxistas: Ramón Salgado Pérez, Raimundo Vidal Pazos e Victoriano García Martí. Os agraristas: Isidoro Millán Mariño e Basilio Álvarez Rodríguez. Os correspondentes de El Pueblo Gallego: Jesús Bal y Gay, Ramón Fernández Mato. Tamén acudiron: Laureano Gómez Paratcha, o liberal Armando Cotarelo Valledor, Valentín Paz Andrade, Elpidio Villaverde Rey, Avelino López Otero e José-María Díaz Díaz-Villamil.
Nas eleccións a Cortes de 1931 obtivo acta de deputado pola circunscrición de Pontevedra, cando militaba na Federación Republicana Galega (FRG). Ministro de Industria e Comercio nun Goberno de Alejandro Lerroux García, do día 12/09/1933 ata o día 08/10/1933. Non o reelixiron deputado nas eleccións de 1933.
En abril de 1934 participou, en Madrid, na asemblea fundacional de Esquerda Republicana (ER).
Encarcerado. Exiliado.
Cando se produce o golpe de Estado dos militares rebeldes detivérono o día 11/09/1936 en Verín (Ourense) e desterrárono ao balneario de Cabreiroá, en Verín.
Xulgado en consello de guerra en Ourense en setembro de 1937 polo delito de excitación á rebelión, na causa 824/36, co resultado de sentenza a 12 anos de cadea. Condenado por republicano e galeguista.
Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas de Ourense.
Interno na Prisión Provincial de Ourense, publicaron a súa liberdade condicional no BOE nº 157 do día 06/06/1941.
Procesárono por responsabilidades políticas.
No ano 1951 trasladouse a Bos Aires (República Arxentina), onde permaneceu menos de dous anos.
Regresou a España e instalouse en Barcelona, onde morreu no ano 1968.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.