← Volver atrás

Fernández Mato, Ramón

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliado

Nacemento:

San Vicente de Cespón, Boiro
(A Coruña)
- 13/05/1889 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Vilagarcía de Arousa
(Pontevedra)
- 22/11/1980 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Xornalista, escritor, médico e político, 47 anos. Casado con Josefa López López, de Ferreira de Valadouro (Lugo). Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), rematou a carreira en Madrid. Nunca exerceu de médico porque segundo el, non lle acaía polo apelido; súa é a frase “Mato de 6 a 8”. En 1914 emigrou á República Arxentina, onde permaneceu 14 meses. Amigo persoal de Alfonso-Daniel-Manuel Rodríguez Castelao.

Membro fundador da organización labrega e anticaciquil Acción Galega (AG), que dirixía o crego Basilio Álvarez Rodríguez.

Creou en Vigo (Pontevedra), no ano 1924, o xornal El Pueblo Gallego e foi colaborador de Blanco y Negro. Presidente do Real Club Celta de Vigo. Membro da Real Academia Galega (RAG) e das Irmandades da Fala.

Participou o día 25/09/1930 no Pacto de Barrantes, que tivo lugar neste pazo de Ribadumia (Pontevedra) entre varias figuras do galeguismo e que propiciara o centrista Manuel Portela Valladares para combater as posicións gañadas por Santiago Casares Quiroga no Pacto de Lestrobe dentro do republicanismo galego. Ambos pactos preludiaban o triunfo da República en Galicia. En Barrantes defendeuse a autonomía, o anticaciquismo, a cooficialidade do idioma e o poder gobernamental desenvolvido polo pobo.

Entre os asistentes e asinantes deste pacto estiveron o centrista Manuel Portela Valladares, os galeguistas: Alfonso-Daniel-Manuel Rodríguez Castelao, Ramón Otero Pedrayo, Ramón Cabanillas Enríquez, Luis Peña Novo, Enrique Peinador Lines, Florentino López Alonso-Cuevillas e Álvaro-María de las Casas Blanco. Tamén estaban os lerrouxistas: Ramón Salgado Pérez, Raimundo Vidal Pazos e Victoriano García Martí. Os agraristas Isidoro Millán Mariño e Basilio Álvarez Rodríguez. Os correspondentes de El Pueblo Gallego: Jesús Bal y Gay, Ramón Fernández Mato. Tamén acudiron: Laureano Gómez Paratcha, o liberal Armando Cotarelo Valledor, Valentín Paz Andrade, Elpidio Villaverde Rey, Avelino López Otero e José-María Díaz Díaz-Villamil.

Durante a II República, nos gobernos de Manuel Azaña Díaz, nomeárono gobernador civil de Cádiz, Ciudad Real, Xaén e Málaga. Con Alejandro Lerroux García foi director xeral de Seguridade, cargo que seguiu a desenvolver con Manuel Portela Valladares e Santiago Casares Quiroga.

No ano 1936 incorporouse ao Partido del Centro Democrático (PCD) de Manuel Portela Valladares e conseguiu acta de deputado por Lugo.

Exiliado.

Durante a guerra civil mantívose leal á República e exerceu de médico na fronte. Perseguido polos extremistas da esquerda, que lembraban o seu paso pola Dirección Xeral de Seguridade, exiliouse en novembro de 1936. Pasou á Habana (Cuba), en 1943 a Venezuela e despois á República Dominicana. No ano 1945 viaxou a México para participar nas Cortes no exilio.

Volveu a España a mediados dos anos sesenta, da man de Manuel Fraga Iribarne.

Dise de Fernández Mato que marchou republicano e volveu franquista.

No ano 1965 volveu a España.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.