Nacemento:
Morte:
Avogado, xornalista e político, 45 anos. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Funcionario desde 1923 no Corpo Técnico da Administración Civil.
Colaborou con La Correspondencia Gallega e Faro de Vigo.
Militou por poucos meses na masonería en 1929, na loxa Helenes nº 7.
Participou o día 25/09/1930 no Pacto de Barrantes, que tivo lugar neste pazo de Ribadumia (Pontevedra) entre varias figuras do galeguismo e que propiciara o centrista Manuel Portela Valladares para combater as posicións gañadas por Santiago Casares Quiroga no Pacto de Lestrobe dentro do republicanismo galego. Ambos pactos preludiaban o triunfo da República en Galicia. En Barrantes defendeuse a autonomía, o anticaciquismo, a cooficialidade do idioma e o poder gobernamental desenvolvido polo pobo.
Entre os asistentes e asinantes deste pacto estiveron o centrista Manuel Portela Valladares, os galeguistas: Alfonso-Daniel-Manuel Rodríguez Castelao, Ramón Otero Pedrayo, Ramón Cabanillas Enríquez, Luis Peña Novo, Enrique Peinador Lines, Florentino López Alonso-Cuevillas e Álvaro-María de las Casas Blanco. Tamén estaban os lerrouxistas: Ramón Salgado Pérez, Raimundo Vidal Pazos e Victoriano García Martí. Os agraristas: Isidoro Millán Mariño e Basilio Álvarez Rodríguez. Os correspondentes de El Pueblo Gallego: Jesús Bal y Gay, Ramón Fernández Mato. Acudiron ademais: Laureano Gómez Paratcha, o liberal Armando Cotarelo Valledor, Valentín Paz Andrade, Elpidio Villaverde Rey, Avelino López Otero e José-María Díaz Díaz-Villamil.
Deputado por Pontevedra nas eleccións de 1933 polos conservadores do Partido Republicano Liberal Demócrata (PRLD). Director xeral de Xustiza e Prisións no Goberno no que confluíu a CEDA.
Uniuse a José Calvo Sotelo na unión das forzas do centro e da dereita na súa loita contra as esquerdas.
Depurado. Sancionado.
Separado do servizo no Corpo Técnico da Administración Civil tamén en 1940.
Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1940.
Aínda que apoiou aos golpistas, no ano 1945 procesárono por masón no Tribunal Especial para a Represión da Masonería e o Comunismo e deportárono seis meses a Arroyo del Puerco (Arroyo de la Luz desde 1937), na provincia de Cáceres.
Desde entón afastouse da política e adicouse a avogacía.
Foi membro da Real Academia Galega (RAG).
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.