Nacemento:
Morte:
Avogado, funcionario, escritor e político, 42 anos. Casou coa mestra Ermitas López Verdes; pais do médico Lois Peña López. Veciños de Lugo. En 1915 licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela (USC), onde exerceu de profesor auxiliar.
No ano 1916 era membro das Irmandades da Fala en Santiago de Compostela e, logo, participou na creación destas irmandades en Vilalba.
Sería o primeiro concelleiro electo do Partido Galeguista (PG); nas eleccións do 08/02/1920 elixírono concelleiro da Coruña na candidatura nacionalista; mantivo este cargo ata 1923, cando se proclama a ditadura de Miguel Primo de Rivera Orbaneja.
Participou o día 25/09/1930 no Pacto de Barrantes, que tivo lugar neste pazo de Ribadumia (Pontevedra) entre varias figuras do galeguismo e que propiciara o centrista Manuel Portela Valladares para combater as posicións gañadas por Santiago Casares Quiroga no Pacto de Lestrobe dentro do republicanismo galego. Ambos pactos preludiaban o triunfo da República en Galicia. En Barrantes defendeuse a autonomía, o anticaciquismo, a cooficialidade do idioma e o poder gobernamental desenvolvido polo pobo.
Entre os asistentes e asinantes deste pacto estiveron o centrista Manuel Portela Valladares, os galeguistas: Alfonso-Daniel-Manuel Rodríguez Castelao, Ramón Otero Pedrayo, Ramón Cabanillas Enríquez, Luis Peña Novo, Enrique Peinador Lines, Florentino López Alonso-Cuevillas e Álvaro-María de las Casas Blanco. Tamén estaban os lerrouxistas: Ramón Salgado Pérez, Raimundo Vidal Pazos e Victoriano García Martí. Os agraristas: Isidoro Millán Mariño e Basilio Álvarez Rodríguez. Os correspondentes de El Pueblo Gallego: Jesús Bal y Gay, Ramón Fernández Mato. Tamén acudiron: Laureano Gómez Paratcha, o liberal Armando Cotarelo Valledor, Valentín Paz Andrade, Elpidio Villaverde Rey, Avelino López Otero e José-María Díaz Díaz-Villamil.
Durante a II República elixírono deputado por Lugo en 1931. Membro da comisión redactora do proxecto do Estatuto de Autonomía de Galicia (EAG) pola Federación Republicana Galega (FRG). Nesta etapa republicana designárono gobernador civil de Cáceres, Sevilla e Valencia e gobernador xeral de Estremadura de novembro de 1932 a agosto de 1933. Vicepresidente de Unión Republicana (UR) no ano 1936. Nomeado compromisario para a elección, o día 08/05/1936, de Manuel Azaña Díaz como presidente da República. No mes de xuño de 1936 propulsou a campaña en prol do EAG.
Colaborou cos xornais da súa época A Nosa Terra e Nós, entre outras.
Encarcerado. Sancionado. Depurado.
Cando se produce o golpe de Estado era secretario do Concello de Lugo, cargo que asumiu en abril de 1936, e mantivo reunións no Goberno Civil para tomar medidas diante da nova situación rebelde.
Detido o día 24/07/1936 e encarcerado en Lugo e despois en Baralla (Lugo).
Deportado a Mallén (Zaragoza) o día 24/12/1936 e, logo, confinado en Vilalba ao remate da guerra civil.
Depurárano do seu posto de traballo como secretario de concello, separárono do servizo e suspendérono de emprego e soldo no ano 1936.
Deixou a vida política e adicouse a exercer a avogacía na súa terra.
No ano 1962 trasladouse a Madrid, onde vivía o seu fillo; nun retorno a Vilalba desde a capital morreu, coa súa dona Ermitas, nun accidente de tráfico na Robra.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.