Nacemento:
Morte:
Industrial e político, 41 anos. Veciño de Ferrol. Tiña unta tenda de ultramarinos na rúa Dolores, en Ferrol.
No ano 1928 era o administrador do xornal El Obrero.
Militante da Agrupación Socialista (AS) de San Salvador de Serantes, Ferrol. Concelleiro de Serantes polo PSOE, nomeárono 2º síndico de 1931 ata outubro de 1934 cando a corporación rematou destituída. Non se presentou ás eleccións de 1935. Membro do Comité Executivo da Fronte Popular (FP) ferrolá. Novamente elixido concelleiro e nomeado 6º tenente de alcalde polo PSOE nas municipais de 1936; desenvolvía este cargo cando se produce o golpe de Estado.
Fermín, que exerceu de 2º síndico nas corporacións do alcalde Jaime Quintanilla Martínez de 1931 a 1934 e tivo entre outros compañeiros a: Edmundo Lorenzo Santiago, exiliado; Federico Pérez Lago, encarcerado; Manuel Morgado González del Valle, executado; Antonio Santamaría López, exiliado; Tomás Serantes Liz, exiliado; Hipólito Martínez Vez, procesado; Ventura Dios Lojo, encarcerado; Francisco del Río Barros, encarcerado; Adolfo Rodríguez Sánchez, encarcerado; Luciano Cereijo Rodríguez, procesado.
Con todos eles coincidiu, xa como concelleiro, na corporación de 1936, agás con Edmundo Lorenzo, Tomás Serantes e Luciano Cereijo. Si estaba entón José López Bouza, de Esquerda Republicana (ER). A alcaldía correspondía por entón a Antonio Santamaría López, cando se produce o golpe militar.
Encarcerado. Sancionado.
Prendérono despois do movemento sedicioso.
Recluírono no transporte lixeiro Contramaestre Casado e no Castelo de San Felipe, en Ferrol; deste último saíu en liberdade no mes de xuño de 1938.
Xulgado en consello de guerra en Ferrol polo delito de rebelión militar, na causa 182/38, co resultado de sobresemento provisorio.
Sofre desterro en Noia (A Coruña).
Incurso en sumario por responsabilidades civís no ano 1941.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.