← Volver atrás

Serantes Liz, Tomás

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliado. Encarcerado

Nacemento:

Ferrol
(A Coruña)
- 07/08/1899 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Cidade de México
(México)
- 30/01/1972 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Empregado e político, 36 anos. Veciño de Ferrol. Traballou na Sociedad Española de Construcción Naval (SECN).

Militante da UXT desde 1913 e da Agrupación Socialista (AS) de Ferrol desde 1924. Presidente da Federación de Sociedades Obreiras en Ferrol. Concelleiro de Ferrol en 1931, 1932 e 1935 polo PSOE.

Pola súa participación na folga xeral revolucionaria de outubro de 1934 estivo na cadea algo menos de dous meses, do 6 de outubro ao 2 de decembro.

Tomás sería concelleiro nas corporacións do alcalde Jaime Quintanilla Martínez de 1931 a 1934, tivo entre outros compañeiros a: Edmundo Lorenzo Santiago, exiliado; Federico Pérez Lago, encarcerado; Manuel Morgado González del Valle, executado; Antonio Santamaría López, exiliado; Fermín-Andrés Mejuto Fernández, procesado; Hipólito Martínez Vez, procesado; Ventura Dios Lojo, encarcerado; Francisco del Río Barros, encarcerado; Adolfo Rodríguez Sánchez, encarcerado; Luciano Cereijo Rodríguez, procesado.

Xa non era concelleiro cando se produce o golpe militar.

Exiliado. Encarcerado.

Despois do golpe rebelde escondeuse ata que puido pasar ao Principado de Asturias, afiliouse á AS de Xixón e incorporándose en maio de 1937 ao exército republicano.

Ao remate da guerra civil pasou a Francia por Irún o día 25/04/1939 e ingresárono nos campos de concentración de Saint-Cyprien (Pireneos Orientais, Occitania, Francia), Le Barcarès (Pireneos Orientais, Occitania, Francia) e Argelès-sur-Mer (Pireneos Orientais, Occitania, Francia).

O día 15/06/1940 embarcou no Cuba rumbo á República Dominicana, país no que os deixaron desembarcar, continuaron ata á illa Martinica e de alí navegaron a México, onde chegou, no vapor francés Santo Domingo, o día 26/07/1940 a Veracruz.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha