Nacemento:
Morte:
Mecánico e político, 46 anos. Veciño de Ferrol. Capataz de monturas a flote nos estaleiros.
Concelleiro de Ferrol en 1931 polo Parido Republicano Radical (PRR), no 1932 pola Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA) e en 1935 por Esquerda Republicana (ER). Volveu ser concelleiro nas municipais de 1936, tamén por ER e nomeárono 1º tenente de alcalde.
Hipólito, que fora concelleiro nas corporacións do alcalde Jaime Quintanilla Martínez entre 1931 e 1934, tivo entre outros compañeiros a: Edmundo Lorenzo Santiago, exiliado; Federico Pérez Lago, encarcerado; Manuel Morgado González del Valle, executado; Antonio Santamaría López, exiliado; Fermín-Andrés Mejuto Fernández, procesado; Tomás Serantes Liz, exiliado; Ventura Dios Lojo, encarcerado; Francisco del Río Barros, encarcerado; Adolfo Rodríguez Sánchez, encarcerado; Luciano Cereijo Rodríguez, procesado.
Con todos eles coincidiu na corporación de 1936, agás con Edmundo Lorenzo, Tomás Serantes e Luciano Cereijo. Si estaba entón José López Bouza de ER. A alcaldía correspondía por entón a Antonio Santamaría López, cando se produce o golpe militar.
Procesado. Sancionado.
Detido polos fascistas.
Xulgado en consello de guerra en Ferrol polo delito de rebelión militar, na causa 1410/37, co resultado de sentenza de sobresemento provisorio.
Desterrárono a Betanzos (A Coruña) no outono de 1936.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.