← Volver atrás

Vázquez Otero, José

Alcume: Vázquez de Andemil
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido

Nacemento:

Andemil, Santa María de San Breixo, Palas de Rey
(Lugo)
- 01/01/1911 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
- 20/10/1977 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Labrego e político, 25 anos. Casou con Carmen Ouro Castro.

Fuxido.

Cando se produce o golpe militar incorporárono ao exército rebelde e destinárono, en marzo de 1937, á 1ª Brigada Lexionaria Frechas Azuis nº 14. Ingresado no Hospital de Lugo para curar unha doenza das pernas, desertou o día 18/12/1938.

Estivo agochado na casa familiar en Andemil ata que pasou a Portugal a finais de 1939, onde residiu e traballou varios anos.

Formou parte da Partida de Curuxás, que comandaba Ramón Rodríguez Varela, Curuxás, e que actuaban nas zonas de Arzúa, Melide e Palas de Rei.

Xulgado en consello de guerra en Lugo con Curuxas, na causa 177/46, polo axustizamento o día 12/09/1946 do párroco de San Xulián de Meixente e de Santa María de Ortoá, Sarria (Lugo), Pedro Páramo Arias. Declaráronos en rebeldía o día 15/04/1947.

Polo de Curuxás grupo pasaron: Hilario Arroyo Medina, Medina; José-Luis Castro Veiga, o Piloto; José Díaz; Manuel Fernández Valle, Portafondón; Benedicto Fuentes Díaz, Benedicto da Rula, Antón; Leonardo Gómez Pérez, Trancas; Celestino Horta Resúa; Jesús-María Iglesias Escourido, Franco, o Tizón, Caudillo; Avelino Méndez Suárez, Asturiano; Lisardo Núñez; Guillermo Paredes Viñas, Guillermo da Canteira; Ramón Rodríguez Varela, Curuxás; Abdón Telesforo Vázquez e José Vázquez Otero.

Xulgado no Tribunal Militar Territorial de Lugo polo delito de roubo a man armada, asasinato e relación con bandoleiros, na causa 469/46, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía segundo resolución do día 09/09/1946.

Prendérono en Lisboa (Portugal) o día 03/11/1961 e entregárono ás autoridades españolas na fronteira estremeña. Ingresárono na Prisión Provincial de Badaxoz e enviárono ao cárcere de Lugo o 17/01/1962.

Puxérono en liberdade o día 25/06/1962.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha