← Volver atrás

Agrasar Cajaraville, Manuel

Alcume: o Barbarroxa
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Morte en enfrontamento

Nacemento:

A Matanza, Santa María de Iria Flavia, Padrón
(A Coruña)
- 01/01/1912 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Loureiro, Santa María de Luou, Teo
(A Coruña)
- 19/05/1948 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Militar, 24 anos. Casou con María Cortiñas Bóveda. Mariñeiro voluntario na Armada desde 1935 e tripulante do destrutor José Luis Díez.

Encarcerado. Morte en enfrontamento.

Incorporouse ao exército republicano, foi cabo no Corpo de Exército de Euskadi e sarxento do 1º Batallón de Infantería.

Capturado polos franquistas en setembro de 1939.

Xulgado no ano 1939 en consello de guerra en Xixón (Principado de Asturias) polo delito de rebelión e co resultado de sentenza a cadea perpetua.

No procedemento contra a dotación deste destrutor condenaron: os mariñeiros Manuel Agrasar Cajaraville, cadea perpetua; Ángel Pedreira Martínez, pena de morte e Andrés Rodríguez Illanes, a 12 anos. O comandante do destrutor, Luis-Felipe González de Ubieta González del Campillo, exiliouse.

Anos máis tarde pasou a formar parte da V Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG), que lideraba Benigno Andrade García, Foucellas, e José Remuiñán Barreiro, Ricardito, Simeón. Esta V Agrupación creárase a finais de 1947 coa segregación de parte da IV e co fin de aliviar a presión policial sobre a guerrilla da Coruña con accións en Pontevedra.

Ao grupo avistouno a Garda Civil en Loureiro o día 19/05/1948, cando descansaba nun alpendre da casa de Carmen Mosqueira Parajo. Nun primeiro enfrontamento, no fogo cruzado, morre o número da Garda Civil, Manuel Jardón Castro. O sarxento Antonio Otero Louro, ao mando dos gardas civís, ordena incendiar o alpendre onde se refuxiaban os guerrilleiros. Manuel Agrasar Cajaraville, Barbarroxa, morreu polos disparos das metralladoras xunto con Vicente López Novo, Rufino; Florentino Menéndez Palacio, Tino, e Ricardo Fernández Carles.

Soterráronos nunha fosa común no cemiterio de Santa María de Luou.

Dous guerrilleiros logran fuxir, Benigno Andrade García, Foucellas, e José Remuiñán Barreiro, Ricardito, que se retiraron á zona de Curtis (A Coruña).

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.