← Volver atrás

Cortiñas Bóveda, María

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Vítima colateral

Nacemento:

lugar descoñecido

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Casou co guerrilleiro antifranquista Manuel Agrasar Cajaraville, Barbarroxa.

Vítima colateral.

O seu home incorporárase ao exército republicano no Principado de Asturias, capturárono os franquistas en setembro de 1939 e condenárono a cadea perpetua.

Anos máis tarde Barbarroxa pasou a formar parte da V Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG), que lideraba Benigno Andrade García, Foucellas, e José Remuiñán Barreiro, Ricardito, Simeón. Esta V Agrupación creárase a finais de 1947 coa segregación de parte da IV e co fin de aliviar a presión policial sobre a guerrilla da Coruña.

Ao grupo do seu home avistouno a Garda Civil en Loureiro o día 19/05/1948, cando descansaba nun alpendre da casa de Carmen Mosqueira Parajo. Nun primeiro enfrontamento, no fogo cruzado, morre o número da Garda Civil, Manuel Jardón Castro. O sarxento Antonio Otero Louro, ao mando dos gardas civís, ordena incendiar o alpendre onde se refuxiaban os guerrilleiros. Manuel Agrasar Cajaraville, Barbarroxa, morreu polos disparos das metralladoras xunto con Vicente López Novo, Rufino; Florentino Menéndez Palacio, Tino, e Ricardo Fernández Carles. Dous guerrilleiros logran fuxir, Benigno Andrade García, Foucellas, e José Remuiñán Barreiro, Ricardito, que se retiraron á zona de Curtis (A Coruña).

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha