← Volver atrás

Fernández Carles, Ricardo

Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Fuxido. Morte en enfrontamento

Nacemento:

Valga
(Pontevedra)
- 01/01/1912 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Loureiro, Santa María de Luou, Teo
(A Coruña)
- 19/05/1948 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Labrego, 24 anos. Veciño de Pontecesures (Pontevedra).

Encarcerado. Fuxido. Morte en enfrontamento.

Participou na defensa de Pontecesures fronte aos militares sublevados e prendérono os franquistas o día 07/11/1936.

Xulgado en consello de guerra en Pontevedra, o día 01/04/1937, polo delito de auxilio á rebelión co resultado de sentenza a 15 anos de cadea.

Concédeselle a prisión atenuada e conmutáronlle a pena ordinaria na comisión de exame de penas de Pontevedra pola de dous anos de prisión menor. Liquidación da pena en novembro de 1938.

Intégrase na V Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG), liderada por Benigno Andrade García, Foucellas, e José Remuiñán Barreiro, Ricardito, e onde tamén se atopaban: Florentino Menéndez Palacio, Tino, Asturiano; Miguel Nicolás Esperante, o Corcheiro, e Vicente López Novo, Rufino.

Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de atraco e relación con fuxidos, na causa 238/45, co resultado de sobresemento segundo resolución do día 21/07/1945.

A este grupo avistouno a Garda Civil en Loureiro o día 19/05/1948 cando descansaba nun alpendre da casa de Carmen Mosqueira Parajo. Nun primeiro enfrontamento, no fogo cruzado, morreu o número da Garda Civil Manuel Jardón Castro. O sarxento Antonio Otero Louro, ao mando dos gardas civís, ordena incendiar o alpendre onde se refuxiaban os guerrilleiros; Manuel Agrasar Cajaraville, Barbarroxa, morreu polos disparos das metralladoras xunto con Vicente López Novo, Rufino; Florentino Menéndez Palacio, Tino, e Ricardo Fernández Carles.

Dous guerrilleiros logran fuxir: Benigno Andrade García, Foucellas, e José Remuiñán Barreiro, Ricardito, que se retiraron á zona de Curtis (A Coruña).

Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña con indultos no ano 1941, 1960 e 1962.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha