Nacemento:
Morte:
Casada co labrego e guerrilleiro antifranquista José Remuiñán Barreiro, Ricardito, Simeón. Veciños de Ordes (A Coruña).
Vítima colateral.
Despois do movemento golpista ao seu home xulgárono polo delito de rebelión e condenárono á cadea; cando saíu en liberdade uniuse ao Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG).
Como represalia por unirse José á guerrilla, a oito membros da súa familia deportáronos a Burgos. A súa nai, Antonia Barreiro Recouso, morreu no desterro o día 22/04/1949, preto de Villahoz (Burgos); tamén desterraron o seu pai José e os seus irmáns Asunción, Jacinto, Andrés e Francisco, a súa muller Dolores Naveira e a súa filla pequena Dorinda.
Desde o ano 1944 José Remuiñán era lugartenente e home de confianza de Benigno Andrade García, Foucellas. Xuntos escaparon de varias operacións policiais.
O seu home morre nun enfrontamento o día 31/10/1949 co resto do destacamento, cercado pola Garda Civil, na casa de Hermenegildo Sanjuan Varela, preto de Pazos. Con el morreron os seus compañeiros Antonio López Arias, Canín; José Chao Rouco, o Benita; José Temblás Paz, Temblás; Juan Freire Barcia, Rogelio Alonso Corral e Adolfo-Cipriano Allegue Allegue (primeiro deuse por morto no seu lugar a Juan Gabeiras Barro). Benigno Andrade García conseguiu fuxir con vida.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.