← Volver atrás

Quiroga Cornes, Francisco

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Represor. Axustizado

Nacemento:

lugar descoñecido
- 01/01/1916 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

O Campamento, San Xorxe de Iñás, Oleiros
(A Coruña)
- 14/02/1947 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Falanxista, 20 anos. Fillo do alcalde falanxista de Oleiros Francisco Quiroga Fontenla. Os seus pais tiñan unha taberna e casa de comidas no Campamento.

Represor. Axustizado.

O día 14 de febreiro, sobre ás 01:00 h e cando pechaban o establecemento, entraron dous guerrilleiros que preguntaron por Francisco Quiroga; Francisco, que saía da cociña, dixo que era el e os asaltantes abatérono a tiros. No bar atopábanse nese momento outros dous irmáns de Francisco, que deron nomes falsos.

A familia xa recibira cartas de ameazas a nome de Francisco Quiroga, non se sabía se pai ou fillo. Seguramente o obxectivo fora o propio alcalde.

O axustizado era un recoñecido matón falanxista, distinguido polo asasinato de antifascistas no ano 1936 segundo a guerrilla antifranquista.

Executado polo Destacamento Enrique Líster, que dirixía Francisco Rey Balbís, Moncho, que deu a orde do dito axustizamento. Acusado pola guerrilla por os seguintes feitos: "se distinguió por los asesinatos cometidos contra los antifascistas en el año 36".

Segundo os murmurios populares, os Quiroga Cornes tiñan un carácter de moita chulería, teima que xa se denunciara diante do seu pai.

Por mor do seu pasamento abriuse a causa 93/47 no Tribunal Militar Territorial da Coruña.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha