Nacemento:
Morte:
Zapateiro, 28 anos. Casou en Vigo en novembro de 1943 con María Bello Torres.
Militante do PCE.
Encarcerado. Exiliado.
O golpe militar sorpréndeo en Valencia.
Durante a guerra loitou no bando republicano na fronte asturiana ata a súa caída en 1937.
Capturado polos sediciosos ao remate da contenda e ingresado no campo de concentración de Miranda de Ebro (Burgos). Logo castigárono nun batallón de traballadores.
No ano 1940 procesárono no Tribunal Especial para a Represión da Masonería e o Comunismo.
Cando acadou a liberdade enviárono a Vigo (Pontevedra) como secretario xeral de Unión Nacional Española (UNE) e prendérono os franquistas en 1945.
Logrou fuxir e integrouse no Destacamento Paco Barreiro, da V Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG), que loitaban na zona de Vigo baixo ás ordes de Manuel Simón Campos e Avelino Otero Montes.
Por este destacamento pasaron: Agustín Álvarez Araujo; Basilio Calvar Solla, o Roxo de Domaio; Estanislao Cantero Izquierdo; Urbano Fernández Bastos, Fotógrafo, Roque; José García Molares, Maletas; Aurelio Gil Méndez; Avelino Otero Montes, Avelino; Ramón Pereira Antelo, o Parrillero; Claudio Rodríguez Vázquez, Penís, Crispín, e Manuel Simón Campos, Xanote.
Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de rebelión na causa 94/45.
Neste xuízo condenaron a cadea perpetua a Francisco Rey Drox. Procesaron ademais, entre outras persoas, a: Manuel Álvarez Díez, Avelino Álvarez Meana, Leandro Aroca González, Jesús Balboa López, Estanislao Cantero Izquierdo, Pedro Cantero Izquierdo, Gaspar-Antonio Castro López, José Cerveró Ruiz, Cándido Comesaña Fernández, Rosa González Cabo, Aníbal González Fernández, Fernando López Mantiñán, Manuel Montero Malvar, Mariano-Manuel Otero Castelao, Jesús Pérez Bustos Ponce de León, Antonio Soto Magariños e José Velo Mosquera.
Tamén o procesaron na Coruña na causa 75/46 e en Vigo na causa 271/47.
Despois das mortes de Manuel Simón e Avelino Otero en maio de 1947, foxe para a República Arxentina, onde fundou unha nova familia.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.