← Volver atrás

Calvar Solla, Basilio

Alcume: o Roxo de Domaio
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Fuxido

Nacemento:

Verdeal, San Pedro de Domaio, Moaña
(Pontevedra)
- 02/05/1911 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Burdeos
(Francia)
- 24/09/2002 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mariñeiro, 25 anos. Veciño de Moaña. Irmán de Clemente Calvar Solla, executado, e de José Calvar Solla e Manuel Calvar Solla, encarcerados; tío de Manuel Calvar González, tamén executado, e de Carmen Calvar González, denigrada.

Membro de Solidaridad Marinera, da CNT.

Encarcerado. Fuxido.

Participou nos combates para opoñerse á sublevación de xullo de 1936. Fuxiu e prendérono os fascistas.

Xulgado en consello de guerra en Pontevedra polo delito de auxilio á rebelión, na causa 366/37, co resultado de sentenza a 12 anos e un día de prisión.

Interno na Prisión Provincial de Pontevedra, publicaron a súa liberdade condicional no BOE nº 153 do día 02/06/1941.

Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1941.

Sobreviviu adicándose á venda de patacas e pola presión implacable das autoridades fascistas botouse ao monte.

Formou parte do grupo de Benigno Andrade García, Foucellas, que actuaba no sur da provincia da Coruña. En novembro de 1946 uniuse ao Destacamento Paco Barreiro, da V Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG), que dirixía Manuel Simón Campos, Xanote.

Por este destacamento pasaron: Agustín Álvarez Araujo; Basilio Calvar Solla, o Roxo de Domaio; Estanislao Cantero Izquierdo; Urbano Fernández Bastos, Fotógrafo, Roque; José García Molares, Maletas; Aurelio Gil Méndez; Avelino Otero Montes, Avelino; Ramón Pereira Antelo, o Parrillero; Claudio Rodríguez Vázquez, Penís, Crispín, e Manuel Simón Campos, Xanote.

Despois da morte dos líderes Manuel Simón Campos, Xanote, e Avelino Otero Montes, Avelino, o día 21/05/1947, os guerrilleiros sobreviventes dispersáronse. Aquí pérdese o rastro de Basilio.

Marchou a Francia.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha