Nacemento:
Morte:
Militante do PCE.
Fuxido.
Non se presentou a filas no exército franquista e uniuse no ano 1939 ao grupo dos irmáns José García Molares e Rogelio García Molares, os Maletas, activo desde 1938 entre Redondela e Vigo. Incorporouse con Jesús Lago González, Petrillas.
Semella que se entregou logo dunha promesa de amnistía do gobernador civil de Pontevedra Manuel Gómez Cantos.
A primeiros do ano 1940 participou na reorganización do PCE.
Diante da presión policial botouse ao monte en novembro de 1945.
Membro do Destacamento Paco Barreiro, da V Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG), baixo o mando de Manuel Simón Campos, Xanote.
Por este destacamento pasaron: Agustín Álvarez Araujo; Basilio Calvar Solla, o Roxo de Domaio; Estanislao Cantero Izquierdo; Urbano Fernández Bastos, Fotógrafo, Roque; José García Molares, Maletas; Aurelio Gil Méndez; Avelino Otero Montes, Avelino; Ramón Pereira Antelo, o Parrillero; Claudio Rodríguez Vázquez, Penís, Crispín e Manuel Simón Campos, Xanote.
Os fascistas acusárono de participar no axustizamento do veciño de Beade, Manuel Leirós Pérez, que ocorrera o día 21/01/1946.
O día 14/10/1946 participou no asalto a oito autobuses en San Lourenzo de Vilatuxe, Lalín (Pontevedra) e que se dirixían á feira de Bandeira (Pontevedra).
Logo da morte dos líderes Manuel Simón Campos e Avelino Otero Montes, Avelino, o 21/05/1947, os guerrilleiros superviventes dispersáronse e aquí pérdese o rastro de Claudio.
A primeiros dos anos cincuenta localizouno a Garda Civil en Lavadores e déronlle morte en abril de 1951.
Por mor do seu pasamento abriuse a causa 72/51 no Tribunal Militar Territorial de Pontevedra.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.