← Volver atrás

Lago González, Jesús

Alcume: Petrillas
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Executado

Nacemento:

Santa Cristina de Lavadores, Vigo
(Pontevedra)
- 01/01/1900 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Vigo
- 24/10/1940 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Tiña 36 anos. Casado con Amparo Alonso. Veciños de Lavadores.

Fuxido. Executado.

Foxe ao monte despois do movemento militar rebelde.

Desde o verán de 1936 dirixiu un grupo dunha ducia de guerrilleiros que actuaban nas parroquias de Santa Mariña de Cabral e de San Paio de Navia, na cidade de Vigo. En 1938 capturaron seis dos seus membros. A este grupo acusárono as autoridades de estar detrás da morte, no ano 1939, de Amelia Alonso, propietaria dunha granxa en Cabral, e de José Navas, quen acudira no socorro de Amelia.

No grupo figuraban: Enrique Cameselle García, José Almeida Otero, Antonio Rodríguez Posada, Luciano Janeiro Valente, Vicente Guillén Biel e Juan-Manuel Rodríguez Fernández. Vicente Guillén e Manuel Rodríguez morreron nun enfrontamento con forzas policiais en 1939.

Uniuse ao grupo de José García Molares e Rogelio García Molares, os Maletas, con Claudio Rodríguez Vázquez, Penis, Crispín.

O día 15/10/1939 a Garda Civil arrodeou a partida en Vilar de Infesta, Redondela (Pontevedra). Jesús foi o autor do tiro accidental que feriu gravemente ao seu compañeiro Rogelio García Molares; el e os demais membros do grupo conseguiron escapar.

Denunciado por tres dos seus compañeiros, capturouno a Garda Civil en Santa Mariña de Cabral, Vigo, o día 21/09/1940 e fusilárono o día 25/10/1940. No mesmo enfrontamento suicidouse o seu compañeiro Julio Guillén Biel, o Biel. Cando detiveron o grupo de Petrillas, as autoridades acusáronos dunha morte en 1936, de varios atracos nos anos posteriores e da morte da propietaria dunha granxa en Cabral e doutro veciño, a primeiros de 1939.

Xulgado en consello de guerra co resultado de sentenza á pena de morte.

Executado no cemiterio de Puxeiros cos seus compañeiros da partida de fuxidos Rodríguez Posada, Janeiro Valente, Almeida Otero e Cameselle García. O seu compañeiro Juan-Manuel Rodríguez Fernández logrou fuxir no momento da execución.

Posiblemente os detiveron por mor da delación do seu antigo compañeiro Guillermo Santos Caride, Quique.

Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1941.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.