Nacemento:
Morte:
Fundidor, 23 anos. Veciño do barrio de Naya, Santa Cristina de Lavadores. Irmán de Jaime Santos Caride, fuxido e morto en enfrontamento.
Fuxido. Executado.
Co golpe de Estado chamárono a filas os sublevados; desertou e fuxiu.
Reclamado por requisitoria de xullo de 1937, con Roberto Oya Alonso, Cachopas; Álvaro Ballesteros Estévez, Barbas; Eugenio González Fernández, o Chepa; Abraham Loriente Sánchez, o Madrileño; Fermín Pais Alonso e outros veciños do barrio de Lavadores.
Xulgado co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
Membro do grupo dos irmáns, Rogelio García Molares, o Maletas, e José García Molares; neste grupo tamén figuraban: Ramón Pereira Antelo, o Parrillero; Manuel Simón Campos, o Xanote, e Manuel Rodríguez Fernández, o Coxo de Cabral, entre outras persoas. Nun primeiro momento esta partida adicouse a dar golpes económicos e a tomar represalias contra os colaboradores do Réxime.
Un irmán de Guillermo, de 15 anos, morreu nun enfrontamento coa Garda Civil o día 10/02/1938.
No ano 1939 presentouse ao gobernador civil de Pontevedra, Manuel Gómez Cantos. Volveu ao monte diante do temor a ser detido.
Participou con Amador García Coco e Manuel Rodríguez Fernández, o Coxo de Cabral, nun atraco na estrada Ramallosa-Baiona.
Entregouse en 1939 ao gobernador civil de Pontevedra, Manuel Gómez Cantos, con Delmiro Barreiro Cubeiro, e venderon aos seus compañeiros. Caeron por mor da súa delación Jesús Lago González, Petrillas, e o seu grupo, aos que fusilarían o día 24/10/1940; tamén prenderon Julio Guillén Biel, o Biel.
Xulgado en consello de guerra en Vigo polo delito de rebelión militar co resultado de sentenza á pena de morte.
Fusilárono os franquistas no Monte do Castro, en Vigo.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.