← Volver atrás

Pais Alonso, Fermín

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado. Morte na cadea

Nacemento:

Santa Mariña de Cabral, Vigo
(Pontevedra)
- 01/01/1912 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Vigo
- 01/01/1939 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Canteiro, 24 anos. Veciño de Santa Mariña de Cabral.

Vogal da Sociedade Cultural Deportiva Veritas de Cabral en xaneiro de 1923. Abandeirado do Ateneo Libertario de Cabral.

Fuxido. Encarcerado. Morte na cadea.

Despois de producirse o golpe de Estado fuxiu ao monte.

Reclamado polos fascistas por unha requisitoria de xullo de 1937, con Roberto Oya Alonso, Cachopas; Álvaro Ballesteros Estévez, Barbas; Eugenio González Fernández, o Chepa; Abraham Loriente Sánchez, o Madrileño; Guillermo Santos Caride, Quique, e outros veciños do barrio de Lavadores.

Cando estaba agochado nunha leira de millo en Cabral en outubro de 1938, descubriuno a Garda Civil pero sería quen de fuxir.

Detido polos franquistas no ano 1939, morreu na cadea.

Xulgado en consello de guerra en Vigo polo delito de rebelión militar co resultado de sobresemento ao probarse que finara na cadea.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha