← Volver atrás

Oya Alonso, Roberto

Alcume: Cachopas
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Executado

Nacemento:

Vigo
(Pontevedra)
- 01/01/1902 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Vigo
- 22/12/1941 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Metalúrxico, 34 anos. Veciño de Santa Cristina de Lavadores, en Vigo. Irmán de Antonio Oya Alonso, encarcerado, e de Indalecio Oya Alonso, paseado.

No ano 1933 detivérono, con outros, baixo a acusación de ter colocado unha bomba no domicilio de Antonio Abalde Comesaña.

Fuxido. Executado.

Ao producirse o golpe de Estado fuxiu ao monte.

Reclamárono os fascistas por unha requisitoria de xullo de 1937, con Guillermo Santos Caride, Quique; Álvaro Ballesteros Estévez, o Barbas; Eugenio González Fernández, o Chepa; Abraham Loriente Sánchez, o Madrileño; Fermín Pais Alonso e outros veciños do barrio de Lavadores.

Xulgado en consello de guerra en Vigo polo delito de rebelión militar na causa 29/37.

Volveron reclamalo por requisitoria de agosto de 1937 para xulgalo na causa 194/37 co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

Liderou un grupo de fuxidos que comezou a actuar en agosto de 1936 en Bembrive, en Candeán, na contorna de Vigo e no Condado. A Garda Civil atribuíulles o asalto o día 25/07/1936 á casa reitoral de Sárdoma, á de Candeán, á de Bembrive e a outras vivendas da zona.

Detivérono en 1939, cando se presentou ao gobernador civil Manuel Gómez Cantos.

Xulgado en consello de guerra en Vigo polo delito de rebelión militar co resultado de sentenza á pena de morte.

Fusilárono os golpistas ás 08:00 h no Monte do Castro, en Vigo.

En decembro de 1941 abríuselle un expediente por responsabilidades políticas.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha