← Volver atrás

González Fernández, Eugenio

Alcume: Chepa
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado

Nacemento:

Vigo
(Pontevedra)
- 01/01/1901 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Carpinteiro, 35 anos. Casou con Remedios Campos Román; tiveron unha filla e un fillo: Socorro e Eugenio Veciños de Santa Cristina de Lavadores, Vigo.

Membro do Ateneo Libertario de Lavadores.

Fuxido. Encarcerado.

Enfrontouse aos sublevados nas barricadas de Lavadores e despois foxe ao monte.

Participou nos asaltos a reitoral de Santiago de Bembrive e á casa do cura de San Cristovo de Candeán, as dúas en Vigo.

Reclamado por requisitoria de xullo de 1937, con Roberto Oya Alonso, Cachopas; Álvaro Ballesteros Estévez, Barbas; Guillermo Santos Caride, Quique; Abraham Loriente Sánchez, o Madrileño; Fermín Pais Alonso e outros veciños do barrio de Lavadores.

Xulgado en consello de guerra en Vigo polo delito de rebelión militar co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

Prendérono os franquistas.

Xulgado en consello de guerra en Pontevedra o día 10/03/1941 polo delito de rebelión militar, na causa 952/39, co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Cumpriu a sentenza no cárcere da Parda, en Pontevedra.

Procesárono por responsabilidades políticas en setembro de 1941 e multárono con 100 pesetas en 1943.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha