← Volver atrás

Barreiro Cubeiro, Delmiro

Alcume: o Delmiro
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido

Nacemento:

Vigo
(Pontevedra)
- 01/01/1910 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Chofer, 26 anos. Veciño da Casa Godoy, no barrio de Canadelo Baixo, en Vigo.

Pertencía ao Sindicato de Choferes.

Fuxido.

Cando se produce o golpe de Estado facía o servizo militar no bando nacional e desertou.

Xulgado en consello de guerra en Vigo polo delito de deserción, na causa 1243/36, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

Foxe con Manuel Rodríguez Fernández, Manolo de Cabral, e Guillermo Santos Caride, Quique.

No ano 1939 presentáronse ao gobernador civil de Pontevedra, Manuel Gómez Cantos, pero volveron fuxir ao coñecer que ían ser detidos.

Membro do grupo de fuxidos que dirixía José García Molares e o seu irmán Rogelio García Molares, os Maletas. Neste grupo tamén figuraban Ramón Pereira Antelo, o Parrillero; Manuel Simón Campos, Xanote, e Manuel Rodríguez Fernández, o Coxo de Cabral, entre outras persoas. Nun primeiro momento esta partida adicouse a dar golpes económicos e á represalia dos colaboradores do Réxime.

Entregouse ás autoridades en 1940 e, con Guillermo Santos Caride e Manuel Rodríguez Fernández.

Xulgárono en consello de guerra en Pontevedra polo delito de auxilio á rebelión, na causa 515/40.

Vendeu aos seus compañeiros. En setembro de 1940 caeron por mor da súas delacións Jesús Lago González, Petrillas, e o seu grupo, que serían fusilados o día 24/10/1940, e tamén caeu Julio Guillén Biel, o Biel.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha