← Volver atrás

Janeiro Valente, Luciano

Alcume: o Madrid
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Executado

Nacemento:

lugar descoñecido

Morte:

Vigo
(Pontevedra)
- 24/10/1940 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Fuxido. Executado.

Despois do triunfo da sublevación militar fuxiu ao monte.

En agosto de 1936 Jesús Lago González, Petrillas, formou un grupo estable de fuxidos que actuaron na contorna de Cabral e Navia, en Vigo, ata o ano 1939. No grupo figuraban: Enrique Cameselle García, José Almeida Otero, Antonio Rodríguez Posada, Luciano Janeiro Valente, Vicente Guillén Biel e Juan-Manuel Rodríguez Fernández.

Vicente Guillén e Manuel Rodríguez morreron nun enfrontamento con forzas policiais en 1939.

Cando detiveron o grupo de Petrillas, as autoridades acusáronos dunha morte en 1936, de varios atracos nos anos posteriores e da morte da propietaria dunha granxa en Cabral e doutro veciño, a primeiros do ano 1939.

Xulgado en consello de guerra co resultado de sentenza á pena de morte.

Executado no cemiterio de Puxeiros cos seus compañeiros da partida de fuxidos de Petrillas, Cameselle García, Rodríguez Posada e Almeida Otero.

Posiblemente os detiveron por mor da delación do seu antigo compañeiro Guillermo Santos Caride, Quique.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha