Nacemento:
Morte:
Funcionario, escritor e político, 24 anos.
Amigo de José Velo Mosquera, Pepe Velo, en 1932 organizaron, con outros, as Mocidades Galeguistas de Celanova. Participou na constitución no ano 1934 da Federación de Mocidades Galeguistas, das que foi secretario. Pouco despois procesárono por un artigo publicado na revista Guieiro, que dirixía.
Encarcerado.
Ao comezar a guerra civil mobilizouno o exército franquista e destinárono á fronte asturiana.
No ano 1937 internárono por uns días no cárcere-mosteiro de Celanova, nunha mazmorra de pedra, que deu pulo á súa obra Longa noite de pedra.
Polas súas críticas ao novo réxime prendérono por uns días e librouse de que o pasearan pola intervención da súa familia xa que o Gobernador Civil de Ourense ordenara a súa execución.
Despois da guerra estudou Dereito, que non rematou. Traballou na Axencia Tributaria de Pontevedra de 1941 a 1950.
En 1966 emigrou a Venezuela e cando regresou instalouse en Madrid, onde traballou como xornalista.
En 1977 presentouse como candidato ao Senado polo Partido Socialista de Galicia (PSdeGa), sen conseguir acta.
Poeta de éxito, homenaxeárono co día das Letras Galegas en 1989.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.