Nacemento:
Morte:
Mestre, avogado e político, 30 anos. Casou con Cristina Nuevo Fernández. Veciño de Monforte de Lemos. Ingresou canda o seu irmán Camilo Saco López no Seminario Menor de Monterroso (Lugo). No ano 1919 pasaron ao Seminario Maior de Lugo. Cara o ano 1923 deixaron o seminario e pasan a estudar bacharelato no Instituto de Lugo. No ano 1928 trasladouse a Ourense para traballar como profesor ao tempo que estudaba na Escola Normal desta cidade, onde obtén o título de mestre en 1933. Aproba as oposicións de Maxisterio en 1934 e destinárono a Palas de Rei (Lugo) e despois a Ousende.
Ingresa no Partido Galeguista (PG) en 1931. Presidente das Mocidades Galegas e do PG en Monforte de Lemos.
Depurado. Encarcerado.
Os franquistas abríronlle un expediente de depuración como mestre.
Detido o día 20/07/1936 e encarcerado co seu irmán Camilo na Prisión Provincial de Lugo.
Xulgado en consello de guerra en Lugo o día 18/10/1936 polo delito de rebelión militar, na causa 176/36, co resultado de sentenza a cadea perpetua segundo resolución do día 17/11/1936.
Neste proceso condenaron a cadea perpetua a: Antonio Buján Vigo, Marcelino Campos Blanco, Bienvenido de Castro Ves, Miguel García Ramos, Marcelino García Valdés, Manuel Gay Fernández, José Martínez Álvarez, Camilo Saco López, Cesáreo Saco López e Manuel Vilar Rodríguez.
Trasladado á Prisión Provincial da Coruña o día 20/03/1937 co seu irmán. No cárcere coruñés, con Camilo, desenvolveron un intenso labor pedagóxico entre os presos.
Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas de Lugo e puxérono en liberdade en 1940.
Adicouse ao ensino privado en Monforte de Lemos e atacou as accións da guerrilla antifranquista ao consideralas a escusa para que os golpistas endureceran máis a represión; da opinión favorable á guerrilla, dentro do PG, era José Velo Mosquera.
No ano 1944 tivo que fuxir de Monforte de Lemos por mor dunha nova orde de detención, arrestárono en Madrid no ano 1946, con Camilo e con Ramón Piñeiro López e encarcerárono na cadea en Alcalá de Henares (Madrid) ata o ano 1948.
Logo da súa liberación rematou a carreira de Dereito na Universidade de Oviedo (Principado de Asturias) e asentouse en Monforte de Lemos como avogado.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.