← Volver atrás

Saco López, Camilo

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Depurado. Encarcerado

Nacemento:

Santa María de Ousende, O Saviñao
(Lugo)
- 01/01/1903 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Monforte de Lemos
(Lugo)
- 01/01/1995 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mestre e político, 33 anos. Solteiro. Veciño de Monforte de Lemos. Ingresou canda o seu irmán Cesáreo Saco López no Seminario Menor de Monterroso (Lugo); no ano 1919 pasaron ao Seminario Maior de Lugo. Cara o ano 1923 deixaron o seminario e pasan a estudar bacharelato no Instituto de Lugo. Mestre nacional da escola de Calvos, Santa Mariña do Monte, Monforte de Lemos.

Vogal da Organización Republicana Lucense no ano 1931. Presidente do Partido Galeguista (PG) en Monforte de Lemos no ano 1936

Depurado. Encarcerado.

Os franquistas abríronlle un expediente de depuración como mestre.

Detido o día 20/07/1936 e encarcerado co seu irmán Cesáreo na Prisión Provincial de Lugo.

Xulgado en consello de guerra en Lugo o día 18/10/1936 polo delito de rebelión militar, na causa 176/36, co resultado de sentenza a cadea perpetua segundo resolución do día 17/11/1936.

Neste proceso condenaron a cadea perpetua a: Antonio Buján Vigo, Marcelino Campos Blanco, Bienvenido de Castro Ves, Miguel García Ramos, Marcelino García Valdés, Manuel Gay Fernández, José Martínez Álvarez, Camilo Saco López, Cesáreo Saco López e Manuel Vilar Rodríguez.

Trasladado á Prisión Provincial da Coruña o día 20/03/1937 co seu irmán. No cárcere coruñés, con Cesáreo, desenvolveron un intenso labor pedagóxico entre os presos.

Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas de Lugo e puxérono en liberdade o día 02/07/1940.

No ano 1944 tivo que fuxir de Monforte de Lemos por mor dunha nova orde de detención; arrestárono en Madrid no ano 1946, con Cesáreo e con Ramón Piñeiro López, e encarcerárono na cadea en Alcalá de Henares (Madrid) ata o ano 1948.

Despois exerceu de mestre en Monforte de Lemos.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha