Nacemento:
Morte:
Empregado, intelectual e político, 21 anos. Veciño de Lugo.
Ingresou nas Mocidades Galeguistas do Partido Galeguista (PG), das que foi fundador en 1932 e das que era presidente en Lugo no ano 1936; colaborou na campaña do referendo do Estatuto de Autonomía de Galicia (EAG), exercendo de secretario da Comisión Provincial de Lugo.
Encarcerado.
Entre os día 18 e 20 de xullo participou nas reunións no Goberno Civil por mor do alzamento, formando parte do Comité de Defensa da República en Lugo, en representación dos galeguistas. O día 20, reunido co gobernador civil e co alcalde, ás 17:00 h as autoridades militares comunicaron que ían declarar o estado de guerra; as persoas que defendían o pazo gobernamental acabaron detidas. Piñeiro camuflouse como un funcionario máis e puido escapar da redada, refuxiándose en Láncara.
En Lugo o Partido Galeguista non se integrara na Fronte Popular (FP) e as novas autoridades fascistas evitaron deter aos dirixentes deste partido na capital lucense.
Cando comezou a guerra civil tivo que alistarse no exército faccioso para evitar represalias, pois os falanxistas andaban tras del para pasealo. Pasou 30 meses na fronte de guerra.
O día 22/07/1945 prodúcese en San Salvador de Coruxo, Vigo (Pontevedra) a primeira asemblea nacional de traballos de reorganización PG e na que non se trata da loita armada como liña de actuación. Dentro da nova organización existiron diverxencias ao defender Ramón Piñeiro a incorporación á Unión Nacional Española (UNE), que dominaba o PCE.
Defensor do movemento galeguista, detivérono en abril de 1946 en Madrid, xulgárono en consello de guerra e encadeárono de 1946 a 1949. Detido cos irmáns Camilo Saco López e Cesáreo Saco López.
En 1950 fundou, con Fermín-Luis Fernández Penzol-Labandeira e Francisco Fernández del Riego a Editorial Galaxia.
Adicáronlle o Día das Letras Galegas do ano 2009.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.