← Volver atrás

González Tarrío, Cándido-C.

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Sancionado

Nacemento:

lugar descoñecido

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Comerciante e político. Casou con Carmen Rañó; tiñan unha filla: Sara. Veciños de Rianxo (A Coruña). Rexentaba desde o ano 1904 o comercio Establecimientos La Colmena, onde tamén creou unha imprenta e unha librería. Tamén montou un cine.

Depositario do Concello de Rianxo na ditadura de Miguel Primo de Rivera Orbaneja.

Na II República elixírono concelleiro de Rianxo en marzo de 1936 e nomeárono alcalde. Desenvolvía este cargo cando se produce o golpe de Estado de xullo.

Tiña como compañeiros na Corporación de Rianxo de 1936 a Mariano-Manuel Otero Castelao, exiliado; José-Ramón Collazo Tubío, detido e torturado; Ricardo Teijeiro Gey, exiliado.

Encarcerado. Sancionado.

Despois do alzamento militar detivérono os franquistas e pasou pola cadea.

Castigado economicamente pola ditadura franquista.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha