← Volver atrás

Campos Méndez, Camilo

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Suicidio

Nacemento:

Celanova
(Ourense)
- 01/01/1904 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Vigo
(Pontevedra)
- 23/04/1937 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Barbeiro, 32 anos. Veciño da rúa Taboada Leal, 2ª-1ª, 22-4º B, en Vigo. Tiña unha barbería na rúa do Príncipe, en Vigo. Aos seus irmáns Manuel Campos Méndez e Julio Campos Méndez asasináronos.

Militante do PCE.

Fuxido. Suicidio.

Desde que se produciu o golpe de Estado andou agochado e na procura dunha vía de saída para escapar da represión franquista.

Suicídase dun disparo na tempa na caixa de cadeas do bou Eva, un barco da baixura, cando os acosaban a Garda Civil e os falanxistas.

Luis Álvarez González preparou o plan de fuxida do bou Eva cara Francia ou cara algún porto do Cantábrico que permanecera adepto á República.

O operativo de fuga activouse sobre as 03:00 h do día 23 de abril e os republicanos trataban de fuxir desde o porto do Berbés, en Vigo, cara Francia, para escapar das represalias franquistas. Agocháronse na adega do barco, pero traizoounos e delatounos un mariñeiro da tripulación. Os represores asolagaron o barco con auga fría e logo quente para rendelos (segundo outras fontes ameazaron con asolagar o bou); os asaltados preferiron suicidarse. Todos tiñan un tiro na tempa de entrada pola esquerda, agás Ángel Nogueira, quen posiblemente matou aos compañeiros e logo suicidouse.

Nesta acción, suicidándose, morreron nove persoas de ideoloxía republicana: Luis Álvarez González, obreiro naval; Camilo Campos Méndez, barbeiro; José Losada Castelao, mestre; Manuel Martínez Maroño, mariñeiro; Carmen Miguel Agra, traballo na casa; Ángel Nogueira Nogueira, empregado (home de Carmen Miguel); Manuel Rodríguez Castelao, mestre, (medio irmán de José Losada); Fernando Rodríguez Lorenzo, albanel; José Rodríguez Lorenzo, albanel.

Da tripulación do barco sobreseron as causas contra: Juan Rodríguez Hermo, patrón; Francisco Blanco Mariño, contramestre e o marmitón Ataulfo Clambor López. Ao cociñeiro José-Andrés Vidal Álvarez e ao mariñeiro Sebastián Carcaño Leiro, encadeáronos.

O político ferrolán Domingo Pombo López, líder do Partido Galeguista (PG) en Ferrol (A Coruña), salvouse da morte por chegar tarde á cita; cando viu todo o operativo represor, fuxiu da zona.

Morte rexistrada en Vigo por mor dun tiro de bala.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.